A relación epistolar entre Tomás Barros e Carvalho Calero descúbrese nun libro

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

cesar toimil

O acto tivo por escenario o Centro Cultural Torrente Ballester

13 ene 2023 . Actualizado a las 22:47 h.

Xa dende o título Unha amizade con Ferrol ao fondo, o último libro editado polo Club de Prensa avanza na relación epistolar entre dous intelectuais da categoría de Tomás Barros e Ricardo Carvalho Calero. Presentada onte no centro cultural Torrente Ballester, a obra parte da investigación realizada polo catedrático da Universidade da Coruña, Xosé Ramón Freixeiro Mato. E coincide co centenario celebrado en 2022 do nacemento de Barros: pintor e escritor que optou polo exilio interior durante a ditadura franquista.

O libro nace grazas á colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol con esta iniciativa do Club de Prensa. E ao acto asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que celebrou este traballo que «afonda no coñecemento do exilio interior», e axuda «a coñecer mellor as súas figuras fundamentais e a entender como se xestaron proxectos relevantes para a lingua e a cultura galegas». Na presentación tamén interviron, entre outros, Xosé Ramón Freixeiro, como autor do volume, e Xulia Díaz Sixto, presidenta do Club de Prensa de Ferrol.

Barros (Toledo, 1922-A Coruña, 1986) foi discípulo do escritor ferrolán Carvalho Calero, e durante 40 anos intercambiaron misivas que amosan as súas inquedanzas literarias e tamén na defensa da cultura galega.