O Dúplex ofrece unha sesión cinematográfica con «Tres pisos»

La Voz

FERROL

MARTA BALADO

O pase único será ofrecido o luns ás 20.00 horas

11 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Gañadora de dous recoñecidos galardóns nos dous últimos anos, un no Festival de Cannes e outro no Festival de Toronto, Tres pisos é unha película de Nanni Moretti que presenta os conflitos e as decisións que teñen o poder de transformar por completo as vidas de tres familias dun mesmo edificio. O pase único será ofrecido pola sala Dúplex mañá ás 20.00 horas da tarde.