A Xunta estende á zona o sistema para axilizar as citas sanitarias

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

CONSULTA MÉDICA. El médico, Francisco Ameijeiras Álvarez y una enfermera atendían ayer a una de las residentes
CONSULTA MÉDICA. El médico, Francisco Ameijeiras Álvarez y una enfermera atendían ayer a una de las residentes

Na primeira semana de outubro, o sistema aplicouse en 125 centros de saúde galegos, que atenden a máis do 40 % da poboación da comunidade

16 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A Consellería de Sanidade ten previsto estender, neste mes de outubro, a implantación do Programa XIDE (Xestión da Demanda en Equipo) nos centros de saúde da área sanitaria de Ferrol. Grazas á nova iniciativa posta en marcha polo goberno autonómico, o departamento sanitario pasa de ser un modelo médico-centrista a se rexer por outro de xestión da demanda que asigna ao médico só o 52 % das citas, repartindo as restantes entre os demais profesionais. Na primeira semana de outubro, o sistema aplicouse en 125 centros de saúde galegos, que atenden a máis do 40 % da poboación da comunidade.

O XIDE (Xestión da Demanda en Equipo) comezarase a estender dende o Servizo de Atención Primaria Fontenla Maristany a partir do día 18, e seguirá os vindeiros días nos centros de saúde de Fene, A Capela, Caranza, Monfero, Serantes, Cedeira, Cabanas, Ares e Mugardos, coa previsión de que o 26 deste mes estea implantado en toda a comarca.