A sala LaRoom pon en marcha o seu programa «Unha caixa de músicas»

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

Cedida

12 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A produtora e sala de música ofrecerá ata finais de novembro unha programación semanal de ritmos como blues, fado, pop, rock, tango, jazz, indie, heavy, folk e soul. Trátase do novo certame de actuacións que se enmarca na programación do Xacobeo 2021-2022. Os artistas e as bandas galegas que participarán nos eventos semanais intentan plasmar a variedade estilística que procurou LaRoom dende a súa apertura no centro de Ferrol, na rúa do Sol. Tamén indican dende a dirección do local o seu compromiso con potenciar e visibilizar o talento feminino.

Este sábado terá lugar a actuación do trío Rockabilly Mad Martin Trío. A vindeira semana será o turno de swing con Cherry Sweet e a próxima máis, Blues do País. As actuacións musicais das bandas de diversos xéneros estenderanse ata a última fin de semana de novembro con blues e soul da man de Andhrea & The Black CatsEsta actividade está financiada integramente polos fondos FEDER como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de Covid-19 que afectou de forma crítica a negocios como a sala LaRoom. Ademais, forma parte da Rede Galega de música ao vivo en salas privadas.