O festival«Galicia Ilusiona» visita mañá Valdoviño na súa última semana de xira

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

Gala de Galicia Ilusiona
Gala de Galicia Ilusiona M.MORALEJO

Valdoviño encherase de ilusióne o sábado será a gala de clausura en Santiago de Compostela

12 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O festival de ilusionismo e maxia producido polos magos Dani Polo e Pedro Bugarín leva dende agosto visitando concellos galegos. Esta semana está a piques de rematar a súa xira cunha gala de clausura que se celebrará por todo o alto. Aínda que o espectáculo xa pasou por Ferrol, «Galicia Ilusiona» continuará esta semana ofrecendo diversos espectáculos levando os mellores números por municipios de toda a comunidade.

Mañá, xoves 13, Valdoviño encherase de ilusión cos trucos e o espectáculo dun dos mellores ilusionistas do mundo. Terá lugar ás 11 horas da mañá na Casa da Cultura do Concello e acudirán como público os alumnos do centro de infantil e primaria Atios. Este mesmo día, o festival estará en Brión e na Estrada; o venres será posible ver os números de maxia en Bueu, Maceda, Barbadás, San Cibrao e O Porriño simultaneamente.

Por último, o sábado 15 ás 20.30 horas da tarde terá lugar a clausura final da xira que leva ofrecendo actuacións por toda Galicia: será coa Gala Internacional de Maxia no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Neste último gran espectáculo de despedida participarán algúns dos mellores artistas e expertos do ilusionismo mundial. Os asistentes poderán ver en directo os números de Huang Zheng, Jimmy Delp, Arno, Dani Polo e Hyun Joon Kim. A encargada de presentar esta gala será a xornalista Esther Estévez.