Ánxela Loureiro presenta novo libro no Torrente

FERROL

JOSE PARDO

Despois da presentación haberá un coloquio con Rosario Alabau e Josefa Varela, coprotagonistas da historia e da loita antifranquista

27 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

«Voces da memoria con ollos de muller», de Embora, é o novo libro da escritora Ánxela Loureiro, que presenta o venres ás 20.00 horas na capela do centro de arte e exposicións Torrente Ballester. Loureiro foi autora de poemas e cancións, polo que ten dominio sobre diversos xéneros. Escribiu o guion cinematográfico de Bruxaríasá, que gañou o recoñecemento de mellor película de animación nos Premios Platino 2017. O seu último libro, que presenta esta semana na cidade, fai memoria sobre aquelas mulleres que formaron parte da loita antifranquista en Ferrol e que non aparecen reflictidas nos libros de historia. 

No acto deste venres abrirá o alcalde Ángel Mato e posteriormente iniciarase un coloquio entre a autora, Rosario Alabau e Josefa Varela, que foron coprotagonistas dos sucesos do ano 72 que se relatan nesta obra. Moderará dito coloquio ou debate a xornalista Marta Corral.