La importancia de lo livianoFerrol estreou o Outono Ilustrado con 35 asistentes

La Voz

FERROL

Concello de Ferrol

A iniciativa para maiores de 65 anos pretende promocionar o benestar dos veciños de maior idade

25 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O programa de envellecemento activo do Concello de Ferrol botaba a andar onte no castelo de San Felipe cunha visita guiada.

A iniciativa para maiores de 65 anos pretende promocionar o benestar dos veciños de maior idade e «dar a coñecer o patrimonio histórico da cidade», explicou a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez. O «Outono Ilustrado», que comezou o pasado ano, ampliou en 15 as súas prazas e planea novas visitas para outubro e novembro.