Leandro Lamas: «A idea é aumentar a miña linguaxe, teño un estilo e quero enriquecelo»

André Couce / A. U. FERROL / LA VOZ

FERROL

JOSE PARDO

O discípulo de Xaquín Marín segue dedicando a súa vida á ilustración, que compaxina coa súa afección por outra arte, o teatro, e coa súa vida política

01 ago 2022 . Actualizado a las 10:36 h.

Leandro Lamas é un dos artistas actuais máis recoñecidos da comarca de Ferrol. Desde o seu taller pinta e ilustra todos os encargos que lle fan, aínda que tamén sae del para pintar murais. Na pintura e no debuxo atopou a súa vocacion, unha que ocupa os seus días ata o punto de ter que atender esta entrevista mentres pinta un dos cadros que lle pediron. Concretamente, un para un bautizo.

—Un artista ten vacacións?

Non é que colla moitas vacacións pero cambiar de aires ven ben. O meu traballo é gratificante e, a verdade, non remato moi canso, só algo das cervicais.

NP00000000000000—Dende moi pequeno gustoume debuxar. Estando na escola sempre debuxaba, ás veces máis e outras menos. Cando mo comecei a tomar máis en serio foi ao coñecer a Xaquín Marín, de quen aprendín moito e me inspirou. En paralelo os estudos pintaba moito, entón sendo moi novo comecei a facer moitos traballos. NP11111

NP00000000000000No café A Vaca, no 1997, fixen a miña primeira exposición e foi ben. Despois diso, comecei a arrancar cos cadros por todos lados, como Santiago e Pontevedra. Todo foi, principalmente, a base de turrar. Cando me dei conta xa me estaba dedicando profesionalmente a isto. NP11111

—Cando chegaron os recoñecementos?

—NP00000000000000Non sei, nunca reparei moito, a min o que me interesaba era dedicarme a elo. En A Vaca foi ben, daquela Ferrol tiña bastante NP11111NP00000000000000vidillaNP11111NP00000000000000, pero ao mellor se tivese ido mal me desanimaba. Era novo e non tiña moitas responsabilidades, era o momento. Se me piden consello: para dedicarte ó arte hai que moverse. NP11111

—De toda a súa obra, con que peza se queda?

NP00000000000000—É complicado e non o teño claro, e cada certo tempo podo dicir ‘este'. Agora fago bastantes acuarelas e é un cambio na forma de traballar, gústame moito o resultado. Non che sabería dicir, de algúns gústame unha cousa e doutros outra. A miña idea é aumentar a miña linguaxe, teño un estilo pero quero enriquecelo.NP11111

—Que é o que máis lle gusta de ser artista?

NP00000000000000—O que máis me gusta de ser artista é a liberdade para organizarme a miña maneira, non ter xefes. Os clientes saben por onde van os tiros cando me encargan traballos. No momento de mandarlles fotos dos seus cadros e vexo que lles gusta e se emocionan... esas cousas son moi gratificantes, é o máximo. NP11111

—Poderíase dicir que o teatro é o seu outro arte... Como se inicia na disciplina?

NP00000000000000—No teatro non é algo profesional. Empecei no grupo de teatro de Moeche e gustoume moito, non había sentido moito por ese outro mundo e fun descubrindo que tiña posibilidades infinitas. Cando me apuntei as clases de teatro en Narón xa foi máis en serio. Dentro do teatro caben todas as artes. Montamos a asociación de teatro O Aturuxo de Melpómene, que xurdiu de moita xente da escola e desfrutamos moito do proceso. Na pintura estou só e no teatro non, iso mola. NP11111

—Por que entra en política?

NP00000000000000—Metinme porque a política sempre está en todo. Non estiven sempre nun partido, pero si en asociacións vinculadas a unhas ideas similares. A nivel local propuxéronme ir nas listas do BNG e dixen que si porque creo que se pode facer máis no local. Aínda que posicionarse ten as súas desvantaxes, quedas marcado para moitos, pero iso non me importa. A xente que me coñece sabe o que hai. NP11111

—Quen foi o seu principal referente no eido artístico?

NP00000000000000—Sobre todo foi fundamental para min coñecer a Xaquín Marín e admiralo, como artista e persoa. El tiña un estilo persoal e eu buscaba o meu. Se non o coñecera non sei se me estaría dedicando a isto.Despois hai tamén centos de ilustradores, clásicos e contemporáneos, pero non recordo os nomes. O fundamental é Xaquín, unha persoa que todo o mundo quere.NP11111