Os actos da festa das Letras Galegas toman toda a bisbarra

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

Florencio Delgado Gurriarán
Florencio Delgado Gurriarán cedida

O festivo do martes, o Día das Letras Galegas, marca a axenda cultural das próximas xornadas

15 may 2022 . Actualizado a las 22:10 h.

Narón

Para todos. Intensa xornada de actividades para o próximo martes en Narón: ás 12 espectáculo de contos e canción, Diferentes diferenzas, a cargo de Silvia Penide. A continuación, ás 12.45 será o turno de Xarope Tulú, que trae a Narón nesta ocasión unha proposta de teatro interactivo, Rilla, Rilla. Pola tarde, ás 16, obradoiro de pintura sobre cartón reciclado, denominado Obradoiro das Efémeras para nenos. A música e os contacontos protagonizan a segunda proposta da tarde, a partir das 17 horas, con Jara Ortiz, baixo o título Lúa triangular. Ás 17.45 horas dará comezo o espectáculo A ovella Engracia, con narración oral e música de Aldaolado. A programación do Día das Letras Galegas rematará co concerto de As Efémeras, que dará comezo ás 18.45 horas.

 

As Pontes

Varias xornadas de actividades. A festa das letras comeza hoxe co concerto de A banda da loba no Cine Alovi as 20 horas. O mércores, 18 de maio, a partir das 20 horas, na Casa Dopeso, Sole Felloza achegará á veciñanza á obra de Florencio Delgado Gurriarán a través do espectáculo Vendimiando Versos. O xoves, 19 maio, ás 18 horas, na Casa Dopeso, ao abeiro da iniciativa Xoves na Biblio, chega o espectáculo Elba e Marcos e os xoguetes encantados da compañía Duende Sico, unha representación de monicreques. Pecharase a programación o venres, 20 de maio, ás 18 horas. O salón de actos da Casa Dopeso acollerá a representación Cartoons de Excéntricas Teatro do Adro. Un espectáculo musical e de clowns.

 

Cariño

Rosalía. O Concello de Cariño programa unha proposta teatral protagonizada por María Barcala sobre textos de Rosalía de Castro para hoxe as 19.30 horas no Auditorio Municipal. A entrada costa a tres euros e pódese comprar no local social ou no auditorio media hora antes da función.

 

Cabanas

«A Rosa Incandescente». No concello de Cabanas o martes ás 18 horas terá lugar a proxección de A Rosa Incandescente, unha curtametraxe sobre Rosalía de Castro que contará coa presenza da guionista e promotora da obra, a cabanesa Anxos García Fonte. O venres 27 de maio, a programación das Letras arrincará cunha sesión especial do Club de Lectura ás 17 horas, e a continuación, ás 18.30 horas, terá lugar o acto de entrega dos premios do III Concurso de Poesía o que se poden presentar traballos. Para rematar a xornada, ás 19.30 horas haberá un concerto a cargo de Cristian Leggiero e Paty Lesta, no que homenaxearán á música tradicional galega.

 

Cedeira

Banda de música. O Auditorio Municipal de Cedeira acolle hoxe o Festival de Primavera da asociación cultural Aturuxeiras a partir das 19 horas. O domingo haberá concerto da Banda de Música Vila de Cedeira e a agrupación folclórica Buxainas a partir das 19 horas tamén no auditorio.

 

Fene

Teatro. Sesión de contacontos Florencio Delgado Gurriarán. De Valdeorras a México. Será o xoves 19 de maio, ás 18 horas, na biblioteca.

O CMI de Fene organiza varias actividades dende este sábado: as 20 horas presentación do libro Alimentar canarios con ovos da casa. O martes haberá misa cantada as 19 horas homenaxe a Florencio Delgado a cargo do periodista Ramón Loureiro as 20 horas, despois actuará a rondalla Estrelecer

 

Moeche

Xogo. O Concello organiza hoxe as 12 horas un xogo para nenos na Nave do Mercado de San Ramón. As 19 horas no centro de Mañón conferencia de Ana Mourán que leva por título As lendas do Cristo de Mouraz.