David Castro: «A segunda volta da Liga, por parte do Racing, foi espectacular»

José Valencia FERROL / LA VOZ

OPA RACING

José Pardo

«Teño máis ganas que nunca, pra min será o primeiro play off de ascenso»

05 may 2022 . Actualizado a las 21:56 h.

David Castro Pazos (Cuntis, 26 anos), o mesmo que Miguel Loureiro ou Kevin Presa, foi uns deses xogadores que mellor se adaptaron ao Racing e que renderon a un gran nivel nesta campaña de liga. Os tres deixaron Galiza para probar sorte noutros clubes por España adiante, pero que nesta tempada regresaron a súa terra para probar sorte no proxecto do Racing de Ferrol. No caso de David Castro, tras xogar no Valencia Mestalla e no Numancia de Soria, apostou por formar parte do proxecto do Racing é chegar á Liga de Fútbol Profesional. É un xogador novo, ten 26 anos, con moito futuro por diante. Arrancou a competición con dúbidas, aínda que non parou de medrar no seu rendemento. O clube ferrolán conta con catro centrais dunha gran calidade, aínda que el gañouse unha praza no equipo titular. Xa xogou esta temporada 2.152 minutos, cun balance de dous goles, dez tarxetas amarelas e unha vermella.

—O Racing ya case ten no peto unha praza para o «play off», aínda que haberá que amarralo matematicamente e tratar de acabar a fase regular o mellor clasificados posible. Como ve o partido de mañá en Salamanca?

—Todos os partidos nesta liga son complicadísimos. O deste fin de semana é unha saída difícil ante un rival que tamén vai pelexar por meterse na fase de ascenso. Ademais o partido se xogará nun campo diferente, con outra superficie. Tamén é probable que metan a moita xente nas gradas. Nós, o que teremos que facer é seguir ao noso e cumprir o obxectivo, que cada vez está máis preto. O que nós non podemos facer e baixar o pistón. Se o facemos, nos pintarán a faciana.

—Xogar nun campo de herba artificial cambia tanto o desenrolo do encontro?

—A ver, é verdade que o partido xogarase nun campo deferente, aínda que nos xa xogamos neste tipo de superficies. Ademáis esta semana tamén traballaremos dous días nun campo similar. É certo que o bote do balón é diferente, aínda que non pode ser pra nos unha excusa.

—Pra eles será casi a última bala pra meterse entre os cinco de enrriba. ¿Qué rival espera?

—Pra eles é un partido importante pra lograr meterse no play off, po lo que e probable que sexa un encontro moi complicado.

—No partido da primeira volta David Castro cometeu un penalti que custou a derrota do equipo e tamén a súa expulsión. Seguro que non garda moi bos recordos deste rival.

—A verdade é que o partido da casa no me trae moi bos recordos. Foi o primeiro encontro oficial co Racing, era o minuto 90 e cometín un penalti e me expulsaron. Xa está todo esquecido, grazas a Deus xa estamos noutra situación e nunha dinámica moi diferente.

—Cómo está o vestiario?

—O primero é buscar que a nosa clasificación para o play off de ascenso sexa matemática, ata entón non se pode dicir nada. É certo que estamos moi ben posicionados é, lóxicamente, o vestuario está ilusionado. Non podemos baixar e rendemiento, xa que tamén é importante a posición na que remates a liga. Por outra banda, tamén é importante chegar ao play off nunha línea ascendente. Non te podes relaxar xa que na fase de ascenso como no estés a o cen por cen, rápidamente te pintan a faciana.

—¿Pelear polo ascenso de categoría sempre foi o obxetivo?

—Desde o primeiro día que cheguei ao racing sempre dixen que era un proxecto ilusionante, importante e que eu quería crecer da man do clubes. Grazas a Deus este ano todo está saíndo ben. Houbo momentos duros, nos que veías que as cousas se podían complicar. Ves a liga, os clubes que compiten con nós e eres consciente de que como teñas un bache, un momento malo, te podes ir abaixo moi rápido. Nós estamos nunha situación moi boa e hai que tratar de aproveitala.

—Os xogadores sempre confiaron no grupo?

—Nunca houbo dúbidas dentro do vestuario. Sabiamos que había una moi boa plantilla, moi bos xogadores. Ademais, o clube transmite unha estabilidade asombrosa. É verdade que houbo algún bache, aínda que é normal, ninguén mantivo a mesma liña desde o principio ao final. A nosa segunda volta foi espectacular e o fútbol éieso, son momentos e son dinámicas.

—Como lle foi no plano persoal?

—Nesta plantilla, dado o mivel que temos todos, no hai suplentes nin titulares. Sen embargo, no persoal me sinto cómodo, contento, tanto no clube como polo feito de estar preto da casa. Estou encantado, esa é a verdade. Cando no deportivo vai ben, no personal, co vestiario que hai, vai todo moi rodado.

—Tras pasar polo Pontevedra, Valencia Mestalla o Numancia de Soria chegou ao Racing. Outra oportunidade pra chegar ao fútbol profesional?

—Estiven en equipos con bos proxectos, aínda que co paso polo filial do Valencia foi diferente a o Numancia de Soria ou o Racing con proxectos para chegar ao fútbol profesional. Son proxectos sólidos nunha categoría diferente, nova, máis dura que a antiga Segunda B. Todo o vestiario o que quere é xogar o máis arriba posible é tocar o fútbol profesional.

—Disputou algún «play off» de ascenso?

—Para min será o primeiro play off de ascenso, e por iso teño máis ilusión e ganas que nunca. Lamentablemente houbo anos nos que tiven que pelexar por abaixo, recordo un ano en Pontevedra e outro no Valencia Mestalla e non ten nada que ver, a cabeza traballa doutra forma. Loitar por un play off é algo moi bonito, é outra cousa.

—O de sacar o balón xogado dende atrás complicalles moito a vida?

—Non, en absoluto. Se non sacas a balón xogado desde atrás e o rifas arriba, o que sucede é que estás todo o tempo detrás do balón. Mentres teñanos nos o balón, sempre tes o control da situación. Algún día podemos sufrir un susto, pero nada máis. Co noso estilo temos o dominio do balón e xeneramos moitas ocasións de gol.

—Son unha das mellores fensas del fútbol español.

—Somos un grupo moi sólido, desde o dianteiro ao porteiro. Sí que tes esa sensación no campo.

—Non son moitas tarxetas?

—É fútbol, son situacións que se dan.