-E non se está facendo?
-Non. Está claro que non. Ás veces somos moi insensibles. Fíxate no que acontece, sen ir máis lonxe, cos nosos espazos urbanos. Temos que facer que as nosas cidades sexan moito máis accesibles para todos... e para todos os estilos de vida.
R.L.
Afirma Carlos Piñeiro que «cada euro destinado a unha boa alimentación aforra sete en gasto sanitario». E engade que algo moi semellante pasa, tamén, cos recursos que se destinan a fomentar o exercicio físico. Está absolutamente convencido de que as Administracións públicas deberían asumir, coa maior das urxencias, o reto de poñer os «hábitos de vida saudable» ao alcance de toda a poboación.
-Porque, como vostede subliña a miúdo, hai problemas que non só lles afectan aos maiores.
-Por suposto que non! Abonda con ver o que está a pasar entre os nenos, nos que cada vez hai máis problemas de sobrepeso e de obesidade. que teñen consecuencias gravísimas para a saúde e que, de non buscarlles unha solución canto antes, acabarán recortando a esperanza de vida.
Seguir leyendo