Sabela Sánchez , doutora: «O que vai salvar vidas está nas mans de todos, non só dos sanitarios»

Especialista en Medicina Interna


A doutora Sabela Sánchez Trigo incide nas medidas de todos coñecidas, pero non sempre se poñen en práctica, para poñer coto aos contaxios e á propagación do coronavirus. «O importante é evitar os contactos con persoas non convivintes, utilizar sempre máscaras faciais homologadas e ventilar os espazos pechados», apunta, engadindo que non se deben compartir espazos pechados. «Iso é o que vai salvar vidas, e está nas mans de todos, non só dos sanitarios», apostilla a especialista en Medicina Interna, recordando tamén a importancia do lavado e desinfección das mans e a necesidade de limitar as saídas do núcleo familiar de convivencia ao estrictamente necesario.

Como soporte e complemento a estas medidas de autoprotección individual, en Galicia están en vigor desde o pasado 27 de xaneiro unha serie de restriccións de obrigado cumprimento, con posibilidade de ser sancionados por non respectalas, que teñen como obxectivo tratar de poñer remedio á grave situación sanitaria actual.

Consisten, fundamentalmente, en peches perimetrais dos concellos limitando a mobilidade e os contactos entre uns e outros, o peche total da hostalería e dos locais de ocio, culturais e deportivos, así como o adianto do horario no que deben deixar de recibir clientes os establementos comerciais. O obxectivo final de todas estas medidas é o apuntado pola doutora Sabela Sánchez Trigo: evitar a socialización á que estamos afeitos, que en tempos de covid é a principal orixe dos contaxios.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sabela Sánchez , doutora: «O que vai salvar vidas está nas mans de todos, non só dos sanitarios»