Basilio Losada: «A Ruta Xacobea revivirá de novo, como reviviu despois de todos os desastres: nin a Peste Negra puido con ela»

R. Loureiro FERROL / LA VOZ

FERROL

MARCOS MÍGUEZ

Afirma que o Camiño de Santiago recuperará todo o seu esplendor, como máis dunha vez fixo xa ao longo da súa historia

21 dic 2020 . Actualizado a las 07:12 h.

Non hai que ter medo. A Ruta Xacobea revivirá de novo -dice el profesor Basilio Losada, uno de los más grandes embajadores de la cultura gallega frente al mundo-. Como reviviu despois de todos os desastres: nin sequera a Peste Negra puido con ela».

-Pero ninguén esperaba ver os Camiños de Santiago así, en vésperas do Ano Santo.

-Iso é verdade, ninguén o pensaba. Pero non deberiamos esquecer que non é nin a primeira nin a segunda vez na que isto acontece. A Peste Negra foi terrible, sen dúbida. Seguro que a peor de todas as que o Camiño tivo que ver ao longo dos século. Pero que por suposto non foi a única. ¡E houbo moitas máis catástrofes ao longo da historia...! Naquelas ocasións, tamén o Camiño de Santiago quedou baleiro. Non había peregrinos. Desapareceran. Pero despois volveron. Como volveron sempre, unha e outra vez, cando a peregrinación xa era un fenómeno que se daba por desaparecido».

-O Camiño de Santiago, con toda a súa profunda significación, tivo sempre un lugar central na súa vida. E, por suposto, nos seus libros e nas súas investigacións académicas.

-E ese é o lugar que segue tendo. Eu non deixo de pensar en todas as veces que andei o Camiño de Santiago. A última foi, penso, no ano 2008, cando fixemos en varias etapas o tramo galego, desde o Cebreiro, en memoria de Carlos Casares. E incluso agora, cando xa vou cara aos cen anos, cen anos aos que nin chegarei nin quero chegar, o Camiño segue dentro de min. Iso é así. Aínda que eu sexa son moi consciente de que xamais poderei volver peregrinar a Santiago.

-¿Que é o que máis se lle vén á memoria nestes días?

-Venme todo. Venme que do Camiño naceu a idea que hoxe temos de Europa. E o marabilloso que pode ser atopar unha fonte e baixarse a beber nela a súa auga fresca. Agora estou lendo, á vez, cinco libros sobre a peregrinación. Eu sei ben que o Camiño de Santiago lle cambiou a vida a moita xente para sempre.

RAMON LOUREIRO

Basilio Losada é un profundo coñecedor dos Camiños de Santiago