Mato: «Fomos o primeiro concello de Galicia en volume de licitación de obra pública»

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

CESAR TOIMIL

14 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

El alcalde de Ferrol, Ángel Mato, hace balance de su primer año como regidor, en el que ha gobernado en minoría, con ocho concejales de los 25: «Nestes primeiros 12 meses o goberno local sentou as bases para abordar os próximos anos con solvencia».

Entre los retos logrados en este primer ejercicio, el alcalde ferrolano destaca que «retomáronse e fortalecéronse as relacións institucionais a todos os niveis, incluídas, por suposto, co resto de Administracións para antepoñer os intereses da cidade ao debate político. Atendéronse cuestións urxentes que estaban pendentes e así a Xunta puido comezar a ampliación do hospital, do mesmo xeito que están en marcha o saneamento da Malata ou as rehabilitacións en Ferrol Vello, ou xa se firmaron as actas de expropiación para as beirarrúas de Serantes, unha reivindicación histórica que estamos levando a cabo da man da Deputación. Tamén se abordou o pago ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ao que se lle adebedaba máis de medio millón de euros».

En el plano interno, Mato enumera otros logros: «sacáronse adiante dúas ofertas públicas de emprego. Incorporouse un técnico de cultura, policías, proximamente bombeiros... Tamén noutros servizos. E, por outra banda, estrutural e organizativamente, abordáronse cuestións que terán o seu reflexo ao longo dos próximos meses. Por exemplo, na primeira parte deste ano fomos o primeiro concello de Galicia en canto a volume de licitación de obra pública. E estamos no camiño de normalizar servizos públicos moi importantes para a cidade, coma auga, limpeza e parques e xardíns, entre outros».

Sin duda, el tramo final de este primer año ha estado marcado por la gestión de la crisis sanitaria: «os servizos municipais foron capaces de dar resposta ás novas necesidades que foron xurdindo, tanto en colaboración con outras administracións como con medios propios. Todos eles estiveron a disposición para facer fronte á situación de emerxencia».

«Os servizos municipais deron resposta ás novas necesidades creadas polo covid-19»