Ferrol reclama no Día das Letras Galegas que Carvalho Calero sexa o homenaxeado tamén no 2021

R.P.P. FERROL

FERROL

CÉSAR TOIMIL

O Concello organizou un sinxelo acto na renovada praza de Armas e despregou unha grande foto do lingüista ferrolán no balcón do pazo municipal

17 may 2020 . Actualizado a las 15:27 h.

A renovada praza de Armas acolleu este mediodía o seu primeiro acto trala apertura do recinto. No Día das Letras Galegas, unha sinxela ceremonia institucional de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero reclamou que o vindeiro ano o 17 de maio sexa tamén adicado ao profesor e lingüista ferrolán.

O alcalde, Ángel Mato, e dous representantes de cada partido, entre eles os voceiros das catro formacións con representación no Concello, ademais de Montserrat Blanco Carballo, sobriña do homenaxeado, estiveron presentes nun acto que consistiu no despregamento dunha grande imaxe do escritor na fachada do pazo municipal e unha pequena intervención do rexedor, quen confirmou que o Concello de Ferrol se suma á petición para o 2021 para que as Letras Galegas volvan estar adicadas «ao noso máis grande lingüista».

Os compoñentes do Real Coro Toxos e Froles interpretaron o Himno Galego e moitas personas que se atopaban nese momento na praza de Armas presenciaron dende a distancia esta conmemoración.