«Apareceu un muro cargado con grandes sillares moi ben traballados sobre a rocha nai»

La Voz

FERROL

Ramón Loureiro

15 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

As catas previas á última obra do castelo desvelaron a existencia dun muro «que pecha unha grande estancia do castelo primitivo, nunha zona próxima ás portas de acceso principal», como indicou o director das escavacións, o arqueólogo Francisco Alonso. «Este castelo ten varias fases, e na orixinal apareceu un muro cargado con grandes sillares moi ben traballados e asentados directamente sobre a rocha nai», debullou. O técnico alude aos «repetidos espolios»: «Os Irmandiños tiran abaixo o castelo e xa nese momento a pedra vaise empregando en construcións próximas. Volve reedificarse, volve quedar en abandono e volve espoliarse [...]. Ata os anos 50 do século XX estívose collendo pedra». As sondaxes descubriron que o castelo era gris, polo granito, pero tamén vermello, da tella, e branco, dos encalados.