Políticas ignorantes

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

17 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Non insistimos abondo nas graves consecuencias das políticas

ignorantes. Por veces a ignorancia procede da soberbia de crer que somos máis fortes do que en realidade somos. Pasou na Iª Guerra Mundial. Na novela de Stefan Swift, Clarissa, o tenente coronel do Estado Mayor Leopold Franz Xaver Schuhmeister mandaba seguido informes sobre o estado real do exército austriaco. Os informes ían á papeleira, e ao tenente coronel tíñano marxinado. Considerabano coma

un pesado e un excéntrico. Na Guerra de Cuba, antes da independencia, o descoñecemento que se tiña da realidade cubana, da potencia de USA, da súa política imperial, do estado birrioso do noso exército era suicida. Aínda así o goberno español e parte da sociedade teimaba na ignorancia. A infanta Eulalia de Borbón visitou Cuba. Baixou pola pasarela do barco cun vestido elegante coas cores da bandeira dos insurrectos. Os vítores da moitedume que acudira a vela foron sonoros. A cara dos xefes, oficiais do exército e autoridades españolas era de espanto. Eulalia de Borbón dixo despois que ninguén lle avisara que ía vestida de bandeira cubana. Despois visitou USA. Foi á Expo. internacional de Chicago. Escribiu un informe sobre o poderío de USA e a realidade de Cuba. O informe foi directamente á papeleira. Agora estamos diante dun reto importante. A relación con Cataluña. Moito temo que seguimos a preferir a ignorancia da realidade e das nosas forzas e non escoitamos nin a quen nos aconsella cómo ir vestidos.