Xornada de historia en torno á irmandade de Galicia e Irlanda

LA VOZ MOECHE

FERROL

JOSÉ PARDO

O profesor Ramón Sainero intervirá o día 9, ás cinco da tarde, no castelo

06 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Sociedade Cultural Medulio organiza, en colaboración co Concello, a segunda Xornada de Historia no Castelo, na que se abordará a irmandade entre Galicia e Irlanda. A cita será o día 9, ás 17.00 horas, na fortaleza. O profesor da UNED Ramón Sainero falará das semellanzas culturais de ambos pobos e das relacións socioeconómicas sostidas por vía marítima ao longo dos séculos, como indican desde o Concello de Moeche.