Un rural de cine, o de San Sadurniño

LA VOZ SAN SADURNIÑO

FERROL

cesar_galdo_(entremedias)

Os cineastas que participaron no encontro audiovisual Chanfaina Lab retratáronse o venres coa exposición de pezas da labranza

09 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

No patio interior do consistorio de San Sadurniño exhíbense medio cento de apeiros de labranza. A exposición, «O rural, tarefas e lembranzas», pódese visitar ata o día 20 de setembro, de 9.00 a 18.00 horas, de luns a venres, e de 10.00 a 14.00, as fins de semana. Desde o Concello enumeran algunhas das pezas incluídas nesta mostra: «Un caínzo, unha sulfatadora, arados de canto modelo hai, peneiras, copetas, máquinas de fiar, raños, gadañas, forquitas, galletos, fouciñas...». Tamén se expoñen varias fotografías antigas.

Os cineastas que participaron esta fin de semana no encontro audiovisual Chanfaina Lab e responsables municipais retratáronse o venres diante do consistorio exhibindo pezas da mostra, emulando a imaxe do ano 1918 coa que se ilustra o cartel do evento.