«O feito de que o alcohol sexa legal non o fai menos perigoso»

A entidade estivo recentemente na Festa do Polbo de Mugardos e no festival Pardinhas

B. C.
Ferrol/La Voz

Xaquín Bouza, técnico de Asfedro, recorre, xunto co seu equipo, festas e festivais de Galicia para alentar sobre os risco das drogas, tanto legais como ilegais. O programa Info-drogas parte da base de que o consumo neste tipo de eventos existe e céntrase na reducción dos problemas derivados do mesmo levando á información ao lugar potencial de uso destas substancias. Este verán xa pasaron polo Resurrection Fest, a Festa do Polbo de Mugardos, o Festival Pardinhas e ten unha cita en Vilagarcía de Arousa con motivo do Festival Revenidas.

-Como nace esta idea de levar puntos de información aos lugares de ocio?

-Empezamos a facer este programa en 2009, o que pasa e que cambiou bastante dende entón. Entre 2011 e 2012 contábamos cunha subvención da Diputación de A Coruña e traballábamos en festas de toda a provincia. Agora intentamos levar o noso stand a calqueira punto de Galicia ou incluso se algún concello o demanda, tamén a Asturias.

-Son os concellos os que contratan a vosa presencia?

-O concello ou a entidade que organiza o evento. Cando tíñamos subvención o programa tiña moita máis acollida, agora temos que vender a nosa labor e o problema está en que, a diferenza de noutros lugares como Cataluña ou o País Vasco, en Galicia, este tipo de intervencións non están normalizadas e moitas veces os concellos non acaban de entender que é o que queremos facer.

-Cal é o protocolo que se segue cos que se achega ao stand de Info-drogas? ¿Chega a xente con dúbidas concretas?

-Primeiro a xente achégase a cheirar e con actitude de «que me ides a raiar con iso de que non tome drogas». Nos partimos de que se vai consumir e explicamos que a nosa labor é evitar os riscos producidos por ese consumo. É entón cando o que estamos a facer comézase a difundir e empeza a achegarse máis xente que si te preguntan polo que lles interesa. Se alguén ven a dicir que ten pensado consumir éxtasis, pois imos explicarlle que é o que vai pasar e os riscos que ten, que van dende os adulterantes ata a mistura. Damos a información para que eles valoren.

-Contades tamén cun servizo de análise de sustancias.

- Eles mesmos poden traer as súas mostrase e as testeamos.Moitas veces é máis nocivo ou tóxico o adulterante que o principio activo. Analizalas é a única forma de saber que é realmente o que pretenden tomar e cales son os riscos reais do consumo.

-Non é a xente reacia a ir e dicir abertamente que está en posesión de sustancias ilegais?

-Claro que o é. A primeira reacción sempre é a de pensar que estamos compinchados coa policía porque en Galicia non estamos afeitos a este tipo de programas.

-Por que este cambio de actitude nas campañas que antes berraban «Di non ás drogas»?

-Levamos trinta anos co «Di non ás drogas» e con campañas con imaxes fatalistas sobre as consecuencias e non houbo unha baixada no consumo. Nos non estamos fomentando o consumo nin moito menos, pero se se vai producir temos que traballar tamén na reducción dos riscos derivados deste. As veces ven xente que ten un patrón de consumo perigoso e nos damos a nosa opinión como profesionais e, o protocolo neste tipo de casos consiste en derivar a esa persoa á unidade de drogas do seu concello.

-O alcohol tamén é unha das substancias cuxos riscos tratan de previr?

-Por suposto, dedicámonos a todo tipo de sustancias e tamén a aquelas que son legais, é dicir o alcohol e o tabaco. É bastante común que veña xente a dicirnos que o stand non é para eles porque non toman drogas mentres teñen un vaso con alcohol na man. Case o 90 % de calquera festival bebe alcohol e hai que desbanalizalo. O feito de que sexa legal non o fai menos perigoso.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«O feito de que o alcohol sexa legal non o fai menos perigoso»