A unidade móbil da ITV estará dous días no polígono de Cuíña

LA VOZ ORTIGUEIRA

FERROL

CESAR TOIMIL

Os veciños poderán solicitar cita en Ortigueira os días 4 e 5 de setembro

31 jul 2019 . Actualizado a las 13:44 h.

Os días 4 e 5 de setembro haberá unha unidade móbil da ITV no polígono industrial de Cuíña a disposición dos interesados, que poden solicitar cita previa no teléfono 902 309 000 ou na páxina web www.sycitv.com. O día 4 a unidade estará aberta de 9 da mañá a 13.30 horas, e de 15.15 a 18 horas, mentres que na xornada do día 5 só abrirá no horario apuntado anteriormente para a mañá.