Alberte Ameneiros Serantes: «Empezáronse a facer cousas que levaban moitos anos pendentes»

A. F. C. VALDOVIÑO / LA VOZ

FERROL

CEDIDA

O candidato do BNG aspira á alcaldía de Valdoviño por terceira vez

20 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Alberte Ameneiros (Valdoviño, 1971), farmacéutico, lidera ao BNG por terceira vez. Sobre o mandato di: «Empezáronse a facer algunhas cousas que levaban moitos anos pendentes; nós tivemos unha relación fluída co goberno para desbloquear temas parados coma o punto de atención á infancia ou a transformación do mercado en centro sociocomunitario. Déronse pasos para un cambio». ¿Prioridades de futuro? «Elaborar un Plan Xeral que faga un Valdoviño onde mereza a pena vivir, con calidade; o centro de día, unha necesidade dos veciños; a mellora dos servizos e estender a rede de auga e saneamento, algo parado estes anos; un plan para atraer empresas e negocios e fixar poboación; e apoio ás escolas rurais».