Lois Anxo Rodríguez Calvo: «O goberno está esgotado, falto de ideas e incapaz de negociar»

Logo de varios anos de afiliado ao PSOE, debuta na política activa


SAN SADURNIÑO / LA VOZ

Lois A. Rodríguez (Neda, 1972), profesor e director do CPI de San Sadurniño, estréase na política activa tras anos afiliado ao PSOE. Ve o goberno do BNG «esgotado, falto de ideas, incapaz de negociar con outras administracións novos proxectos [...], e con varios frontes xudiciais abertos, coma o ‘caso cooperativa’, que van deixar o Concello nunha situación económica crítica». Ofrece «convivencia, igualdade de trato e xustiza social», como bandeiras do seu programa; con medidas «para atender aos maiores, mellora da rede viaria, reparto xusto de subvencións a entidades, promoción do emprego, posta en valor do medio natural, loita contra o cambio climático e igualdade». Todo, recalca, «con expectativas reais de goberno».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Lois Anxo Rodríguez Calvo: «O goberno está esgotado, falto de ideas e incapaz de negociar»