Manuel Pena Calvo: «Perdeuse emprego e falta solo industrial»

A. F. C. AS SOMOZAS / LA VOZ

FERROL

CEDIDA

Entrou na corporación no 2007 co PSOE, no 2011 converteuse en edil de Industria do goberno do PP e agora lidera Alternativa por Somozas

18 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Manuel Pena (As Somozas, 1960) entrou na corporación no 2007 co PSOE e no 2011 converteuse en edil de Industria do goberno do PP. Agora vai por Alternativa. «Hai un atranco notorio, o PP non parece o mesmo, en cinco anos fixeron unha estrada ao cemiterio, perdeuse emprego e estamos sen terreo industrial, en 2011 quedaron 700.000 metros cadrados urbanizados e seguen como solo rústico». Propón recualificalos xa, un xeriátrico público de 150 prazas e mirar polo medio ambiente. Só pactaría co PSOE.