Mañón propón para o Día das Letras a Anxo Adolfo Rei Ballesteros, «iniciador da novela galega contemporánea»

LA VOZ MAÑÓN

FERROL

No disponible

Destacan o papel das obras Dos Anxos e dos mortos ou Loaira

01 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A corporación mañonesa aprobou, por unanimidade, a moción do PP para solicitar á Real Academia Galega que dedique o Día das Letras a Anxo Adolfo Rei Ballesteros (Boqueixón, 1952-A Coruña, 2008), enterrado en O Barqueiro. «Foi o iniciador da novela galega contemporánea, con Dos Anxos e dos mortos (1977), que marcou a fronteira entre a literatura do franquismo e a nova, e Loaira (1992), un dos proxectos máis ambiciosos da historia da narrativa galega, para o crítico Xoán González Millán», destacan sobre o autor.