«Os 40 lévoos perfectamente, coma os 15, vivo día a día»

A.F.C.

FERROL

Fran Pita, traballador da mina de Landoi, en Cariño

29 nov 2018 . Actualizado a las 12:22 h.

A o cariñés Fran Pita Vergara os 40, que acaba de cumprir, sentáronlle ben. «Lévoos perfectamente, coma os 15, ¿non din que son os novos 30? Vivo o momento, día a día, hai que acordarse dos que faltan, pero facer poucos plans», sostén. Durante anos traballou no sector eólico e botou tempo lonxe de Cariño. «Aprendín moito, nunca saíra de España e veste fóra catro meses seguidos, pensas que o tes que facer para labrarlles un futuro aos teus fillos. Xa tiña un neno, e perdinme parte da súa infancia. Quedei sen traballo, coa muller encinta e unha hipoteca... E tiven que saír, sacrifiqueime. Aprendín moito de meu padriño, ao toro hai que pillalo polos cornos e tirar por onde sexa», comenta. Agora traballa na mina de Landoi, ao pé da casa, con tempo para coidar dos nenos. E para a fotografía, unha afección que lle vén de seu curmán, o cedeirense André López Díaz, Willy, que faleceu en setembro de 2016. «Grazas a el funme afeccionando. E cando estiven fóra, na montaxe dos parques eólicos por todo o mundo, vía fotos de Cariño, entrábame a morriña e as gañas de facelas a min», conta. Ao chegar aos 40 deuse conta de que quedaron cousas no camiño: «Teño moitos recordos de pequeno, non tiñas que pechar a porta da casa, era outro modo de vida [...]. Moitos dos dereitos polos que se pelexou pódense perder en nada». Mágoa, di, «que non haxa máis empresas que aposten pola xente, por crear postos de traballo na comarca [do Ortegal], que ten unha riqueza que non hai en ningún lado».