«Eu chego agora á literatura escrita despois dunha intensa vida de lector»


O vindeiro ano, a editorial Galaxia publicará unha novela xuvenil de Antonio Seijas, que levará por título O soño da serpe. Unha historia pensada para rapaces a partires dos catorce anos de idade.

-¿E vai ser unha novela ilustrada?

-Pois non, e a verdade é que xamais tiven a tentación de ilustrala. Neste caso concentreime, única e exclusivamente, en crear un texto puidese narrar o que hai de viaxe iniciática no tránsito da adolescencia á idade adulto. É unha novela de corte fantástico, ambientada en Galicia, na que están moi presentes os mitos. A literatura é algo que sempre me interesou moitísimo, e publicar unha novela é para min dar un paso esperado. Eu chego agora á literatura escrita despois dunha intensa vida de lector. Dunha vida de lector na que lin de todo. E despois de pasar, como creador, pola novela gráfica, escribir narrativa xa parecía, no meu caso, un paso lóxico,

-¿E con que máis proxectos anda?

-Teño tamén o proxecto de publicar un libro ilustrado, Damorte, no que o texto, que é meu, o mesmo que a ilustración, vai ser en verso. Gústame experimentar coa imaxe e cos estilos, e atopar novas vías de expresión mesturando diversos medios. Como fixen coa novela gráfica, tanto en Un hombre feliz como en La Luz, nas que tento que o texto estea en conxunción coa imaxe, como ben definía Miguelanxo Prado no prólogo do primeiro dicindo que «a parte textual do libro ten ambición literaria e estilística». Ao final tento expresar e comunicar sen pecharme a ningún medio, xa sexa ilustración, pintura, fotografía, escrita, etcétera, e se podo trato de combinalos buscando o mellor xeito de transmitir o que quero en cada proxecto. Unha búsqueda continua para plasmar o que teño na cabeza.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

«Eu chego agora á literatura escrita despois dunha intensa vida de lector»