A arpa irlandesa


Cnha moeda de euro por riba das outras deixando ver, escintilante, unha pequena arpa rodeada da lenda Eire 2002, lembroume que mañá é o día de San Patricio, o día da festa nacional irlandesa. Traída por turista irlandés en Galicia ou por turista galaico en Irlanda, a pequena peza de metal evocou esas illas do norte que tamén celebran o seu San Martiño, o Martinmas, o mesmo día que nós; esas xentes que gardaron costumes de samhain coma as nosas, previas a ese reciclado e comercial halloween; terras onde fumean os lumes das cacharelas na breve noite do 23 ao 24 do actual xuño, no solsticio de verán, marco visible do verán criador, anuncio das colleitas.

Irlanda. Festas comúns con esta esquina galaica. Tamén lendas como o irlandés Lebor Gabála Érenn ou Libro de Conquistas, recompilado no s. XI, fala de invasores vidos do sur, quizais saídos do «fogar de Breogán» citado no noso himno. O máis interesante para moitos é a confirmación por estudos xenéticos da coincidencia das poboacións de irlandeses e británicos cos ibéricos. A fin de contas, cando os xeos da última glaciación vetaron a vida en latitudes altas, os mornos Magreb e Iberia fornecerían de habitantes, de fauna, de flora, capaces de colonizar as terras cando o permitiu o quecemento. Esas probas xenéticas veñen a confirmar achegas doutros campos do coñecemento como a lingüística ou a arqueoloxía, que non deixan de apuntar ás moi vellas conexións ao través dos mares, incertos si, pero sempre preferibles ás dificultades de avanzar por terra. Hai, paréceme, poesía nestas conexións entre ciencia e cultura, que permiten entender pouco a pouco como puido ser a historia destas terras antes de haber Historia.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
8 votos
Comentarios

A arpa irlandesa