«Xa anticipei que nos esperan dous anos de abundancia, bos para vender»

Ramón Reimunde, presidente de Promagal, recorda que a comezos deste século o eucalipto se vendía a 42 euros a tonelada


ORTIGUEIRA / LA VOZ

O presidente de Promagal, a federación que agrupa a 25 colectivos de produtores de madeira (13 dea provincia de A Coruña, principalmente de Ferrolterra e Ortegal) e 12 de A Mariña lucense, asegura que o prezo actual da madeira de eucalipto, co incremento de dous euros por tonelada, «non é o mellor do que vai de século, porque a principios, aínda con pesetas, vendíase a 7.000, que serían 42 euros». «O da pasta de papel si que é o mellor, do século e digo que do milenio, pero de pouco val se non repercute como o tiña que facer no produtor», apunta.

-¿É un bo momento para vender?

-Xa anticipei hai algún tempo que nos esperan dous anos de abundancia, é un bo momento para vender. E aínda vai subir algo máis, non vai chegar ao seu tope agora mesmo, porque a pasta está encarecéndose semana a semana, en nada vai chegar aos mil dólares por tonelada. Mentres continúe incrementándose o prezo da pasta e tendo en conta que a pasta de máis calidade é a de eucalipto globulus, seguirá subindo o prezo da madeira.

-¿Propiciará esta suba a renovación de contratos con Ence por parte das asociacións?

-Si podería facilitar a renovación, pero hai asociacións que están indecisas, vendo se renovan con Ence ou cos madeireiros da zona, porque estes ofrécenlles o mesmo prezo e mellores condicións (na tramitación).

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Xa anticipei que nos esperan dous anos de abundancia, bos para vender»