Jonathan Fernández gaña a carreira de Fin de Ano entre Mugardos e Ares

LA VOZ FERROL
Cedida

Un total de 276 deportistas remataron esta popular San Silvestre

01 ene 2018 . Actualizado a las 13:03 h.

A intensa choiva desta mañá restou algo de participación á XIII Carreira de Fin de Ano Mugardos-Ares, que aínda coas adversas condicións meteorolóxicas tivo a 276 deportistas cruzando a meta tras un percorrido de dez kilómetros entre as dúas localidades -había 450 inscritos-. O corredor nedense Jonathan Fernández Ríos, do club Pasa ou Entorna, foi o gañador da categoría absoluta

cun tempo de 36,04 minutos. Despois del chegaron Gonzalo Berlmonte Martell, de Sada, e o mugardés Javier Prieto Rivas, do club Massalud Fene, con tempos de 38,02 e 38,20 minutos respectivamente.

A primeira corredora clasificada foi Laura Núñez Naveira, da Coruña, cun tempo de 47,22 minutos. Na categoría feminina ocuparon o segundo e terceiro postos María Isabel Felgar López, do club Pasa ou Entorna, e Silvia Gestal Golán, con tempos de 48,14 e 48,58 minutos respectivamente.

Mugardos acolleu este ano a saída e a meta da carreira, que organizan desde hai trece anos conxuntamente as áreas de Deportes dos Concellos de Mugardos e Ares e que adoita ter un carácter festivo e lúdico máis que estritamente competitivo.

Os corredores partiron da Avenida de Galicia ás once da mañá e completaron o itinerario que os levou pola estrada AC-130 ata o paseo marítimo de Ares e volta, para superar a meta situada no Pavillón Municipal do Cristo. Alí repartiuse avituallamento sólido e líquido aos deportistas e se procedeu a facer un sorteo de dez cestas de Nadal.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, agradeceu o esforzo realizado por todos e todas as persoas que tomaronparte na carreira e convocounos xa para a vindeira edición, dentro dun ano