Ver escrito Ferrol

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

OPA RACING

Viaxas en tren por España adiante e non deixas de pensar en Ferrol. Cheguei a Leon con choiva que na montaña é neve. Benvida a neve. Xa tardaba. Nun bar leo a clasificación de 2ªB escrita nun espello con perfecta caligrafía. Aí está o Racing de primeiro por diante da Cultural, que sempre foi de branco imitando a camiseta da capitalidade.

A roda da fortuna éche así, variable e caprichosa. «Lo peor no es el Racing de Ferrol -díxome o camareiro- pues tiene su mérito y está donde tiene que estar. Lo peor es la Ponferradina que anda en 2ª A y ni la olemos». Fíxome gracia este recoñecemento do Racing aquí en León. Cando cruzas o mapa de España e chegas ao Noroeste daste de conta, como dicía Antonio Pereira, que as cidades do Poniente forman un mundo no que te recoñeces. ¿E cómo entenderán aquí en León aquel mapa de grandes borrascas e construcción naval? Pois non o entenden en absoluto, pero mira por onde o futbol aínda obriga algo a coñecer.

Un coengo da colexiata, moi entendido en románico, aconselloume rezar, porque rezar nunca estorba. «Pida, pida sin miedo, y a ver si cae un contrato, un petrolero, una fragata».

O coengo viñera a Ferrol de novo a unha xura de bandeira dun primo por parte de nai e aínda lembra a impresión que lle deron os estaleiros. Eu por non desairalo entrei na colexiata e alí en silencio algo recei.. Receille ao mesmo San Isidoro, que é doutor da Igrexa, sabio comprobado.

Ver ao Racing escrito en León, alegroume o día. A ver logo.