«A cultura tamén é unha vítima»

Ramón Loureiro Calvo
ramón loureiro REDACCIÓN / LA VOZ

FERROL

CÉSAR TOIMIL

02 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Poeta e profesora, Elia Rico é a presidenta da Sociedade Cultural Medulio. Naceu en Seixosmil, na serra, entre xente brava e cabalgadora. Onde din, por certo, que está a verdadeira fonte do Miño. Non moi lonxe da vila de Meira, alá onde tiveron unha das súas grandes abadías -especialmente grande, por certo, na prosa e na ensoñación de Cunqueiro- os frades bernardos.

Pero pasou gran parte da súa vida en Canido, onde foi mestra e tamén directora do colexio que leva, precisamente, o nome do emblemático Cruceiro do barrio. Hoxe, xubilada xa, dedica todas as súas forzas á defensa da cultura galega. Cousa que, comenta, coa que está caendo... Non resulta doada. Non, non é precisamente fácil «A cultura tamén é unha vítima da crise», di Elia Rico. «Pero non nos podemos render -comenta-, porque a nosa cultura, a nosa singularidade, é unha das nosas principais riquezas. Xa sei -subraya- que, por desgraza, hai moita xente que parece querer que todos sexamos alemáns. E que vaiamos -ríe Elia- uniformados. Pero algúns sentímonos fondamente galegos. E non estamos dispostos a toleralo».

Entusiasta defensora de la figura de Carballo Calero, sigue preguntándose por qué se niega, reiteradamente, la concesión de un Día das Letras «a unha figura fundamental da nosa cultura que sempre mantivo o seu compromiso co seu pobo, coa defensa dos dereitos da xente». «Inventáronlle iso de que era reintegracionista -señala Elia-, porque foi o que se lles ocorreu para excluílo. Pero o que el dicía era que a normalización do galego debía ter o menor custo social posible. Era un gran home. Un gran galego».

en su rincón ELIA RICO, POETA E PROFESORA

Poeta, profesora y presidenta de Medulio, Elia Rico es una firme defensora de la figura de Ricardo Carballo Calero

63 años

El barrio de Canido