«Queremos xuntar a todos os que estiveron na banda o día 29»

Bea Abelairas ferrol / la voz FERROL / LA VOZ

FERROL

JOSÉ PARDO

Vilaboy anima a participar no 25 aniversario do grupo

07 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Xaime Vilaboy Ramil (As Pontes, 1935) leva moitas semanas traballando -«con moitísima ilusión»- nos actos que comenzaron onte e cos que se conmemora o 25 aniversario dunha banda da que é fundador e pola que pasaron centenares de músicos de As Pontes. De feito, o reto de Xaime Vilaboy (exalcalde de As Pontes) é reunilos a todos dentro de dúas semanas. «Queremos xuntar a todos os músicos da banda o próximo día 29, os que queiran participar que me chamen o meu teléfono 678?733?291», pide.

-¿Como naceu a agrupación?

-Pois foi despois da inauguración de varias rúas con nomes de concellos veciños, cando vimos que chegou o alcalde de Viveiro coa súa percatámonos de que había que crear unha nas Pontes, onde xa había moitos músicos. E fixémolo moi pouco despois, eu teño a honra de ser un dos fundadores.

-¿Queda na agrupación algún outro fundador?

-Queda outra persoa. Pero o máis importante é que temos unha gran canteira de rapaces que nos poden tomar o relevo. Hai futuro para esta banda.

-Supoño que no acto de hoxe (por onte) recordarán moitas cousas que lles pasaron...

-Hoxe é o primeiro día dunha serie de actos, o seguinte será o día 15 cos rapaces e despois o do día 29 con todos os veteranos, cando presentaremos o libro... E sí haberá tempo para recordar moitos éxitos, como cando fotos a un intercambio a Valencia, ou saimos na TVG e en Galicia para el mundo. Hai moito para recordar.

-Tamén colaboran co coro de As Pontes...

-E que inda é máis vello que nós, porque leva en activo 35 anos. E hai que dicir que actuamos cos mellores solistas de Galicia e recibimos moitísimas mencións e premios.

-¿Como ven o futuro?

-Agora mesmo somos 78 os integrantes da banda, é certo que houbo un tempo no que éramos moitos máis, pero As Pontes é un lugar con moitísima actividade cultural, así que hai moita competencia...Inda así creo que imos seguir tocando durante moitos anos.

Xaime vilaboy ramil presidente da banda musical de as pontes

El Concello de Pontedeume se reunirá con los vecinos de Boebre los próximos días 18 y 19 de este mes para iniciar las expropiaciones necesarias para construir las aceras en la zona.

El alcalde, el popular Gabriel Torrente, explicó que los vecinos podrán firmar las actas y que habrá personal de la Diputación y del Ayuntamiento para solventar todas las dudas que puedan surgir sobre el proceso. Los interesados en acudir pueden ponerse en contacto con el Concello para determinar el horario, ya que la reunión se llevará a cabo por la mañana y por la tarde en el local social de la Asociación de Vecinos de Boebre.

Paseo hacia Miño

La creación de aceras en esta zona del municipio es un proyecto que en un principio tiene un presupuesto que ronda el millón de euros y que estaba en los planes municipales desde hace años. La idea original pasaba por unir Pontedeume con el municipio vecino de Miño. No obstante, hay una parte de las aceras necesarias para completar este paseo que se ejecutarán más adelante. En concreto, se trata del tramo correspondiente a la zona de Centroña, según detalla el regidor.