«Nós podemos mirar de frente a Navantia»


-¿De que lle serviría a Ferrol e a súa comarca que o PSOE gañara as eleccións o domingo?

-De moitas cousas. Temos propostas concretas para Ferrol: para o naval, para revitalizar o CIS de A Cabana, para mellorar a situación do emprego, para a igualdade nesta zona. Aínda que vou nunha lista por toda a provincia, eu o corazón téñoo aquí. E tentaremos achegar a política á cidadanía.

-¿Que opina do que dixo o candidato popular ao Senado, Juan Juncal, de que o dique flotante «é un invento da dirección de Navantia»?

-Que llo pregunten á xente de Navantia que está saíndo á rúa todos os días, a ver se é unha invención. O dique flotante é unha aposta polo naval de Ferrol, unha solución fantástica para revitalizar non só Navantia, senón as empresas auxiliares e polo tanto, toda a nosa bisbarra.

-¿Manterán o compromiso de financiar o 50% do seu custo?

-Si. Mantemos esa oferta, pero estamos esperando a que o señor Núñez Feijoo, que ten o mesmo compromiso, se manifeste ao respecto.

-¿Que pensa dos conselleiros que saíron pola porta traseira para non enfrontarse aos traballadores do naval?

-Nós estivemos na manifestación do día 6. Tivemos o acto central no Jofre, no que estivo o ministro de Xustiza e número un pola Coruña e estaban os traballadores de Navantia. Ninguén entrou nin saiu pola porta de atrás. Nós podemos mirar de frente a Navantia. Se temos unha aposta firme por Navantia é por que siga sendo unha empresa pública e revitalizar e apoiar a súa saída para arriba.

-Pero tampouco o ministro se parou a falar con eles...

-Creo que eles non querían falar co ministro, tampouco se dirixiron a el. O ministro non tería inconvinte ningún en falar con eles. Creo que era unha chamada de atención para que a cidadanía non esquezamos.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

«Nós podemos mirar de frente a Navantia»