O Jofre acolle a obra «Glengarry Glen Ross», de David Mamet

Redacción FERROL

FERROL

09 jun 2010 . Actualizado a las 15:18 h.

A tempada teatral no Teatro Jofre pecharase o domingo, 13 de xuño, coa representación da obra Glengarry Glen Ross, do escritor norteamericano David Mamet. Unha particular radiografía do culto ao poder e ao diñeiro dirixida polo arxentino Daniel Veronese. A función, que comenzará ás 20.30 horas, contará cun elenco de luxo no que destacan nomes como o de Carlos Hipólito, Ginés García Millán, Jorge Boch, Alberto Jiménez ou Gonzalo de Castro, entre outros. Todos eles, protagonistas dunha historia pola que o seu autor obtivera o Premio Pulitzer no ano 1984 e que foi levada ao cine en 1992, interpretada por Al Pacino, Jack Lemmon e Alec Baldwin.

As entradas están á venda no Punto de Información Cultural do Teatro Jofre no seu horario de atención ao público. Este é de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00, de martes a venres, así como as fins de semana e festivos de función. Tamén é posible facerse coa entrada a través da páxina web municipal (www.ferrol.es/jofre). Os prezos son de 18, 16 e 14 euros.