«Estudios Mindonienses», a mirada cristiá ante a historia

FERROL

Crónica | Publicación da Diocese A Fundación Caixa Galicia acolle esta tarde a presentación do Anuario

18 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? sede ferrolá da Fundación Caixa Galicia acolle esta tarde (20 horas, entrada libre) a presentación da vixésimo segunda edición do Anuario de Estudios Mindonienses . Dunha das publicacións de maior prestixio do seu ámbito en toda a Península, que a día de hoxe xa mantén intercambios estables con máis de medio millar de institucións científicas e académicas de toda Europa. Ao acto, que contará coa presenza do bispo, Manuel Sánchez Monge, asistirán o presidente e o director xeral da entidade financeira -Mauro Varela e José Luis Méndez, respectivamente-, mentres que o Concello estará representado polo seu primeiro tenente de alcalde, Juan Fernández. Hoxe sae así á luz un novo número dunha publicación que desde unha das dioceses de maior significación simbólica da Europa occidental -a de Mondoñedo-Ferrol, a da Galicia do Norte: a que garda a memoria da chegada dos cristiáns bretóns dos séculos V e VI; terra irmá por tanto, a través da fe e por suposto do mar, de todas as grandes culturas do Atlántico- posúe hoxe unha transcendencia que vai moito máis alá do científico, e que entra de cheo nos territorios do simbólico. A publicación que dirixe o teólogo e catedrático de Universidade Pontificia Segundo Leonardo Pérez López fixo posible, grazas a dúas décadas de labor ininterrompido, que a diocese ferrolá-mindoniense xa sexa un referente cultural da Europa cristiá. Algo que, como propio Pérez López afirma, dificilmente se tería conseguido se non fose polo «permanente apoio da Fundación Caixa Galicia á publicación».