Máis de 1.300 alumnos participan hoxe en actividades extraescolares

Gaspar Vicente FERROL

FERROL

O número de escolares en Ferrol inscritos no plano municipal Educar o Ocio medrou un 30% nos últimos cinco cursos

19 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Máis de 1.300 escolares de Ferrol dos centros de ensino Infantil e de Primaria participan hoxe en actividades extraescolares dentro do programa municipal Educar o Ocio, posto en marcha polo Concello no curso 2000/01. En concreto son 1.375 os nenos que están inscritos nese plano, pertencentes a doce colexios públicos da cidade: A Laxe-Valón, San Xoán de Esmelle, Esteiro, Tomás Serantes, Cruceiro de Canido, Ibáñez Martín, Masdías, Isaac Peral, Pazos, Ponzos, San Xoán de Filgueira e Juan de Lángara. Esa cifra supón un récord e un 30% máis de alumnos que no ano 2000, cando arrancou ese proxecto municipal. Entonces participaran uns 1.052 nenos e nenas do concello. Para pór en marcha este curso ese programa, o Concello destina unos 89.000 euros, que permiten contratar un seguro e cubrir todas as actividades. Por centros, o Ibáñez Martín e Cruceiro de Canido son os que contan cun maior número de nenos e de nenas inscritas. O programa Educar o Ocio é un dos planos que pon cada curso en marcha a Concellería de Educación e que pretende converter as escolas en centros de ensino e tamén de ocio. Neste curso hai tamén récord de grupos, 80, entre os que están adicados a actividades culturais (48, con 790 mozos) e os do deporte (outros 32, con 585 participantes). Unha a unha Entre todos os encontros que están programados nos centros de Ferrol, os de iniciación ao deporte é o que conta cun maior número de participantes, ata 203, case a metade de todos os inscritos no programa. Patinaxe (103), ximnasia rítmica (97) e karate son outras disciplinas con éxito no deporte. Na banda das actividades culturais, manualidades (120), informática (117) e psicomotricidade (106) son tres das que contan con máis seguidores. En total, Educar o Ocio pon este ano académico a disposición dos usuarios case vinte actividades. É un dos planos educativos do Concello e da comunidade educativa (APA e centros) que ten máis éxito entre os rapaces.