Xerais editará este mes a obra gañadora do Cidade de Ferrol

«Solimán», de Xesús Fraga, foi a premiada en galego na última edición


la voz | ferrol

A novela Solimán , de Xesús Fraga, foi a última gañadora en galego do premio Cidade de Ferrol, un certame que organizan o Liceo Rubia Barcia e o Concello e que se fallou o pasado mes de novembro. Entón quedaba no aire a posible edición das obras premiadas, tanto a de Fraga como Septiembre, Octubre, de Manuel Riveiro, que foi a favorita do xurado en castelán.Agora Solimán sairá a venda en a penas un par de semáns, xusto despois das datas de Semana Santa. Xerais xa anuncia dita novela no seu catálogo de novidades e neste mesmo mes poderá atoparse nas librarías de toda Ferrolterra. «Unha emotiva novela sobre a memoria da infancia próxima escrita con grande elegancia e paixón», din os críticos da editorial galega, a mesma na que Fraga, londinense case accidental afincado agora en Betanzos, editara hai anos Tute para catro e A-Z .O entornoNesa edición destaca unha portada feita de forma específica para a novela, cunha foto no Pasatempo de Betanzos. É ese un dos entornos nos que se desenvolve a trama de Solimán , novela de sentimentos, encontros e infancias que ten moito dos dramas amorosos que escribira Castelano para Os vellos non deben de namorarse . O veleno que toma un dos protagonistas desa obra de teatro dá título, ademais, ao traballo de Xesús Fraga.Aínda que está pendente de confirmación, o Liceo podería facer algún acto especial de presentación en Ferrol co gallo da edición dunha obra que xa recibe loubanzas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Xerais editará este mes a obra gañadora do Cidade de Ferrol