É un mundo por descubrir; son moitos os produtos con plástico que se poden reparar. No noso caso creo ademais que é un traballo con visión do futuro. Temos en A Guarda e en Ortigueira outros dous talleres en coordinación con entidades do ámbito social, de atención ás persoas con discapacidade. Contamos cunha estruturación no territorio galego que permite que poidamos dar demanda ás empresas.
-O taller de «Telo na man implica, ademais, unha dinamización económica inclusiva. Como o valora?
-Para nós o máis importante é pensar que a xente que atendemos na organización pode participar de poñer en marcha un proxecto desta envergadura. Están desenvolvendo unha idea da que eles son os creadores, sobre a que van decidir nesta semana cara onde imos ir. E iso creo que é o máis novedoso deste proxecto. A idea a iremos desenvolvendo logo con apoios de todo tipo. Non soamente vai a ser a partir da formación do curso, pero eles están nese embrión, no xerme.
O taller supón ademais para Aspaber abrir unha brecha e un nicho de mercado. Non todos os nichos de mercado se adaptan ás súas necesidades para poder, incluso, contar cunha oportunidade laboral. Esta é unha parte importantísima para nós. Non tería ningún sentido que en cousas nas que se está a involucrar a toda a sociedade, como a de fomentar a reciclaxe, non estivesen as persoas que pertencen á nosa organización. Para nós é importante que estean. Se queremos inclusión, eles teñen que estar aí.