Luz Herrero en «De 0 a 100»: «El agua es el pilar fundamental de las tecnologías medioambientales en Aimen»

DE 0 A 100

IAGO GARCÍA / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / SENÉN ROUCO

A coordinadora da vertente medioambiental deste centro tecnolóxico porriñés detallou o seu traballo no IES Ribeira do Louro, situado a escasos metros do seu laboratorio

04 dic 2025 . Actualizado a las 13:53 h.

O programa que esperta vocacións en centros de secundaria da man de La Voz en colaboración coa consellería de Educación viaxou ata O Porriño para achegarse ao centro tecnolóxico Aimen. Unhas instalacións con case 60 anos de traxectoria e nas que ademais dunha histórica relación coa industria no ámbito dos materiais e a fabricación, a agua sempre estivo moi presente, como explicou aos alumnos do IES Ribeira do Louro a súa responsable de tecnoloxías ambientais. «Nuestro apoyo a la industria siempre ha existido, pero con el paso del tiempo nuestros clientes demandan soluciones relacionadas con el agua, empleada en diferentes procesos y quizás reaprovechable. En un inicio, solo eran análisis en el laboratorio», contou na biblioteca do instituto a química, de orixe madrileña e licenciada na Universidade da Coruña.

Hoxe, as iniciativas neste eido medraron, sendo «pilar fundamental» de Aimen, ata o punto de buscar solucións baseadas na natureza capaces de eliminar moitos dos elementos contaminantes que pode ter a agua de escorrentía despois de chover nunha área urbana ou nunha industrial.

É o caso de Waterun -auga que corre, traducido literalmente do inglés-, un proxecto no que están inmersas 14 entidades de 8 países europeos e que lidera dende Galicia Aimen. «Mediante el empleo de sistemas de filtración mineral, plantas y un humedal es posible obtener agua descontaminada, que si bien non sería apta para beber, sí cumple los estándares europeos y podría tener nuevos usos», aporta Herrero sobre esta tecnoloxía, que conta cunha planta de procesamento no Polígono de A Sionlla, en Santiago de Compostela.

A biblioteca do IES Ribeira do Louro de O Porriño, onde rapaces de secundaria mantiveron un coloquio coa convidada.
A biblioteca do IES Ribeira do Louro de O Porriño, onde rapaces de secundaria mantiveron un coloquio coa convidada. DE 0 A 100

Melloras medioambientais en vertedoiros

O procesamento de agua contaminada tamén está presente na iniciativa Life Green Adapt, neste caso ideada para cando os vertedoiros de lixo son clausurados. «La degradación de esa gran cantidad de residuos puede tardar un siglo en desaparecer por completo», indica Luz Herrero. Ademais, prodúcense lixiviados especialmente contaminantes cando chove que poden acabar filtrándose. «Combatimos doblemente el problema, primero, colocando una capa en la superficie que evite desprendimientos y fije el terreno. Aquí empleamos residuos de vertedero que permiten que crezca vegetación autóctona. Por otra parte, se combina con grandes humedales en los que cierta vegetación resistente elimina un alto porcentaje de contaminación», detalla sobre este sistema. Isto permite un aforro nos xestores dos vertedoiros, que xa conseguen reducir contaminantes na agua in situ, sen necesidade de que os lixiviados teñan que ser trasladados a outros lugares.