«Nunca fumei tabaco nin nada, aínda que pidamos a legalización da marihuana»

La Voz

ESPAÑA

21 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Di que nunca fumou «nin tabaco nin nada, aínda que o BNG pida a legalización da marihuana nesta campaña». Denomínase a ela mesma coma «a orquestra Miranda», pois hoxe fai «25.000 quilómetros percorridos dende a precampaña en abril».

-¿Que coche ten e de que ano?

-Non teño, nin carné. Coñezo tódalas as liñas de autobuses e ferrocarrís da Galiza e incluso os seus horarios.

-¿Cal é o seu móbil?

-Un Motorola Google.

-¿A aplicación á que lle dá un maior uso?

-O Twitter e o Facebook, levo as miñas redes, os demais teñen asistentes até para iso.

-¿Último libro que ten lido?

-Varios, como Repensando a esquerda, de Marta Harnecker, o penúltimo de María Raimóndez, pero sobre todo o de José Bové, Os lobbies en Europa. Xa lle pasarei unha copia.

-¿Última película?

-Unha infantil coa miña filla [10 anos]. Non me lembro do título.

-¿Unha canción?

-I Will Survive, de Gloria Gaynor [risas e máis risas].

-¿Un curruncho de Galicia?

-Bouzas, claro, porque nacín en Cuntis pero son de aquí.

-¿Unha viaxe soñada?

-Percorrer Bolivia, estar alí coas comunidades indíxenas.

-¿Con quen preferiría cear: con George Clooney ou con Xavier Vence?

-Coa miña filla, sinceramente. Non teño tempo, pero postos a escoller, con Xavier e a súa muller, a boa de Alba.

-¿Dúas razóns para votala a vostede e non a outros?

-Son currante e non mangante.

-¿Que é o que máis lle gusta de vostede e o que menos?

-A perseveranza e non ceder nunca. E o que menos, que falo moito.

-¿Colexio da súa filla?

-Un colexio de Vigo.

-¿Público ou privado?

-Non o sei, é o seu pai quen leva os trámites para traela de Bélxica.

-¿Cobran de máis os eurodeputados?

-Si, moito, e así o denunciamos.