Consulta as bases de todos os concursos de Prensa-Escuela para o curso 2026/27

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

ESCUELA

Foto de familia dos premiados deste curso nos programas Voz Natura e Prensa-Escuela
Foto de familia dos premiados deste curso nos programas Voz Natura e Prensa-Escuela GONZALO BARRAL

Asegúrate de ter lido ben as condicións antes de anotarte a un dos certames que organiza La Voz de Galicia nos colexios da nosa comunidade durante o ano escolar

06 ago 2026 . Actualizado a las 17:00 h.

O Programa Prensa-Escuela, o espazo educativo de La Voz de Galicia, organiza cada ano escolar unha morea de concursos para que os rapaces demostren todos os seus talentos.

Aí van as bases de cada un deles. Botálledes ben un ollo para poder aprender en primeira persoa e gañar premios.

PREMIOS PRENSA-ESCUELA 2025/26. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e FP, Román Rodríguez, entregou os premios de Mellor Xornalista Xuvenil na categoría de FP/bacharelato. A gañadora, Noa Gueimonde, non poido asistir, pero si o seu irmá, David, xunto coa profesora do IES de Ribadeo, Carmen Castelao. Noa terá uns auriculares e Carmen, uns libros. De segunda quedou Paula Meijide (dereita), do CPR Esclavas, da Coruña, que levou un portátil.
PREMIOS PRENSA-ESCUELA 2025/26. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e FP, Román Rodríguez, entregou os premios de Mellor Xornalista Xuvenil na categoría de FP/bacharelato. A gañadora, Noa Gueimonde, non poido asistir, pero si o seu irmá, David, xunto coa profesora do IES de Ribadeo, Carmen Castelao. Noa terá uns auriculares e Carmen, uns libros. De segunda quedou Paula Meijide (dereita), do CPR Esclavas, da Coruña, que levou un portátil. GONZALO BARRAL

23.º edición do concurso mellor xornalista infantil e xuvenil

É un concurso individual para que cada alumno faga de xornalista segundo a súa idade. Os máis pequenos pintan un debuxo a partir dunha noticia que escollan; os seguintes teñen que facer tamén un resumo dela; os da ESO fan unha entrevista, e os de FP-bacharelato, un artigo de opinión.

Bases en galego.

Bases en castelán.

PREMIOS PRENSA-ESCUELA 2025/26. Rubén Santamarta repartiu os diplomas aos gañadores provinciais de Xornalismo na Escola,  que verán publicada a súa reportaxe nas páxinas de local das edicións de cada provincia. As profesoras Mila Patiño e Sonia Menan posan cos seus alumnos do Eirís Paula Driscoll, Sara Parral e André Novales; o profesor Gonzalo Sánchez Busóns, na esquina, recolleu o premio de Ourense.
PREMIOS PRENSA-ESCUELA 2025/26. Rubén Santamarta repartiu os diplomas aos gañadores provinciais de Xornalismo na Escola,  que verán publicada a súa reportaxe nas páxinas de local das edicións de cada provincia. As profesoras Mila Patiño e Sonia Menan posan cos seus alumnos do Eirís Paula Driscoll, Sara Parral e André Novales; o profesor Gonzalo Sánchez Busóns, na esquina, recolleu o premio de Ourense. GONZALO BARRAL

8.º edición do concurso xornalismo na escola

Un profesor debe dirixir un grupo de estudantes (excepcionalmente poden ser un ou dous) para facer unha reportaxe homologable en calquera xornal.

Bases en galego.

Bases en castelán.

PREMIOS PRENSA-ESCUELA 2025/26. No concurso de mellores Cadernos de Campo, os premios foron entregados por José Antonio Santiso Miramontes, presidente da Rerserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (o premio é precisamente unha visita e obradoiro neste recinto). Na foto posa con Icía Cribeiro, Laila Ennesyry, Sheila Mella, Leiseth González, a profesora María Jimeno e Joel Vázquez, todos gañadores da categoría FP/bacharelato, e son do ciclo superior de guías turísticos do IES Rosalía de Castro (Santiago). Na imaxen están tamén as alumnas do colexio Martín Códax, de Vigo, (Oliva Nogueira, Celeste Micaela Bergara e Daniela Castro) xunto coa súa profesora (segunda pola dereita) Lourdes Pereira, como representantes do colexio gañador na categoría de ESO
PREMIOS PRENSA-ESCUELA 2025/26. No concurso de mellores Cadernos de Campo, os premios foron entregados por José Antonio Santiso Miramontes, presidente da Rerserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (o premio é precisamente unha visita e obradoiro neste recinto). Na foto posa con Icía Cribeiro, Laila Ennesyry, Sheila Mella, Leiseth González, a profesora María Jimeno e Joel Vázquez, todos gañadores da categoría FP/bacharelato, e son do ciclo superior de guías turísticos do IES Rosalía de Castro (Santiago). Na imaxen están tamén as alumnas do colexio Martín Códax, de Vigo, (Oliva Nogueira, Celeste Micaela Bergara e Daniela Castro) xunto coa súa profesora (segunda pola dereita) Lourdes Pereira, como representantes do colexio gañador na categoría de ESO GONZALO BARRAL

6.ª edición do concurso xornalistas naturais - caderno de campo

Un aula fai un seguimento da natureza no seu centro educativo (e contorna) ao longo do curso, recollendo os cambios que se produzan ao longo do curso. Ao final de curso ten que enviar por correo electrónico o PDF dun caderno de campo con todo o analizado.

Bases en galego.

Bases en castelán.

PREMIOS PRENSA-ESCUELA 2025/26. A directora de Márketing e Ventas de La Voz, Marta Varela (esquerda), foi a encargada de entregar os diplomas aos gañadores dos concursos mensuais. Recolleron os premios: Mara Santos (xuño), do FEC San Xosé (Lugo); Carla Imia (febreiro), do CPR Calasanz (A Coruña); Sara Rodríguez (xaneiro) e Catalina Berrocal (novembro), ambas do IES Xoán Montes (Lugo); e Mateo Trillo, do CPR Manuela Rial de Cee (outubro).
PREMIOS PRENSA-ESCUELA 2025/26. A directora de Márketing e Ventas de La Voz, Marta Varela (esquerda), foi a encargada de entregar os diplomas aos gañadores dos concursos mensuais. Recolleron os premios: Mara Santos (xuño), do FEC San Xosé (Lugo); Carla Imia (febreiro), do CPR Calasanz (A Coruña); Sara Rodríguez (xaneiro) e Catalina Berrocal (novembro), ambas do IES Xoán Montes (Lugo); e Mateo Trillo, do CPR Manuela Rial de Cee (outubro). GONZALO BARRAL

 4.ª edición dos Concursos mensuais

Como complemento dos concursos anuais, Prensa-Escuela organiza unha serie de certames moi curtos, dun mes de duración, para que os alumnos de ESO, FP e bacharelato mostren os seus talentos. Pensados para que os propoñan os profesores nas clases, intentan fomentar diferentes competencias. 

Bases en galego.

Bases en castelán. 

PREMIOS PRENSA-ESCUELA 2025/26. Isabel Ézara foi quen recolleu o diploma polo mellor mural de secundaria no seu nome e no da súa compañeira Leticia Alvariñas. Elas puxeron como lema ao traballo «Infórmate e non te deixes manipular». Entregou o galardón Xosé Luís Vilela, director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
PREMIOS PRENSA-ESCUELA 2025/26. Isabel Ézara foi quen recolleu o diploma polo mellor mural de secundaria no seu nome e no da súa compañeira Leticia Alvariñas. Elas puxeron como lema ao traballo «Infórmate e non te deixes manipular». Entregou o galardón Xosé Luís Vilela, director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. GONZALO BARRAL

3.º edición do concurso de murais

A clase fai un mural (ou un taboleiro) con recortes de La Voz de Galicia nos xornais publicados durante a Semana da Prensa (do 9 ao 13 de marzo), aínda que no mural pode haber algunha noticia anterior. 

Bases en galego.

Bases en castelán.

Brais Méndez, durante su presentación en el Columbus de la MLS
Brais Méndez, durante su presentación en el Columbus de la MLS

i edición de SAÚDE MENTAL EN POSITIVO

Xunto co futbolista galego que está en EE.UU. Brais Méndez, La Voz pon en marcha este concurso no que o alumnado de ESO, FP e bacharelato ten que facer unha creación artística sobre este asunto.

Bases en galego.

Bases en castelán.