23 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
O FP Innova 26, a oitava edición da feira da innovación na formación profesional comezou onte e poderase visitar tamén hoxe e mañá na Cidade da Cultura, en Santiago. Máis de setenta iniciativas de innovación e emprendemento repártense por un espazo de 4.100 metros cadrados. O máis visitado foi a cabina de disc-jóckey desde a que se programan os xogos de luces e vídeos dun espectáculo. E a cabina dunha avioneta empregada para simulacións de voo en todo tipo de condicións. Mais as ideas innovadoras chegan a todos os ámbitos da formación profesional.
Se queredes ver en directo o robot bípede humanoide paseando entre os visitantes, non deixedes de achegarvos á FP Innova 26.