Semana da Prensa na Escola: concurso de murais e visita dun xornalista

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

ESCUELA

Imaxe dunha das charlas de Jorge Noya sobre como se fai un xornal
Imaxe dunha das charlas de Jorge Noya sobre como se fai un xornal PACO RODRÍGUEZ

Xa vos podedes apuntar para que o redactor Jorge Noya explique aos alumnos comos e fai un xornal

04 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Para La Voz de Galicia a Semana da Prensa na Escola é moi especial, porque é o recordatorio de que coñecer e comprender a actualidade debe formar parte da educación dos cidadáns. Este ano coincide do 9 ao 13 de marzo e desde aquí animamos aos profesores a que nese días adquiran xornais de todo tipo e fagan diferentes actividades con eles. Tamén poden consultar xornais dixitais, aínda que nese caso lles pedimos que sexan coidados na elección.

Pola nosa banda, nós dedicaremos á portada do noso suplemento a algún aspecto do xornalismo que sirva para reflexionar en clase sobre el.

Tamén vos ofrecemos a visita dun xornalista para que explique á clase como se fai un xornal. É unha actividade pensada para aulas de 5.º e 6.º de primaria, os pequenos deste Programa Prensa-Escuela, e como serán poucas charlas, terán prioridade os profesores que nunca recibiran a vista do xornalista e os que estean en Prensa Escuela. Se pode pedir desde xa a charla, enviando un correo electrónico á dirección prensa-escuela@lavoz.es co asunto «Visita dun xornalista» e no correo hai que engadir estes datos:

  • Nome e apelidos.
  • Centro educativo e localidade.
  • Teléfono de contacto.
  • Dirección de correo electrónico.
  • Número aproximado de alumnos.
  • Se participa ou non no Programa Prensa-Escuela.

Nuns días porémonos en contato co docente para organizar a visita de Jorge Noya, xornalista da sección de Galicia e responsable do Tik-Tok de Prensa-Escuela (@lavozexplica).

Alumnos do IES O Perdouro, de Burela, co mural feito o curso pasado
Alumnos do IES O Perdouro, de Burela, co mural feito o curso pasado LVE

Mellores murais 

Tamén organizamos un ano máis un concurso dos murais de recortes de prensa. Teñen que estar feitos con pezas de La Voz de Galicia do 9 ao 13 de marzo (pode haber algunha doutra data) e o que necesitamos é que lle fagades unha boa foto e a enviedes cun pequeno texto explicando que buscábades coa actividade ao correo prensa-escuela@lavoz.es co asunto Concurso de murais e os vosos datos. Hai catro categorías: especial, primaria (5.º e 6.º), ESO e bacharelato-FP.

Consulta as bases do certame.