Novo recoñecemento para o proxecto para promover o galego do IES Rafael Dieste

ESCUELA

Alumnos do IES Rafael Dieste gañadores do Premio da Cultura Galega 2025
Alumnos do IES Rafael Dieste gañadores do Premio da Cultura Galega 2025 IES Rafael Dieste

A campaña« Aquí tamén se fala» gaña o Premio da Cultura Galega 2025

12 nov 2025 . Actualizado a las 09:25 h.

Non hai vento que pare o que ten rumbo. E os que teñen claro o seu destino son os creadores de Aquí tamén se fala, a maior campaña de dinamización da lingua galega nada no instituto coruñés Rafael Dieste da Coruña e recoñecida co Premio da Cultura Galega 2025.

O proxecto, promovido polos profesores Arcadio González, Mónica Reixía e Alberto Pombo, conseguiu espallarse por máis de 300 centros de ensino e pór a exercer labores de dinamización a máis de 25.000 mozos. Ademais, a iniciativa desenvolve accións paralelas como a campaña O Dépor é da Coruña para galeguizar o topónimo do club coruñés, ou promove o único festival profesional de música organizado desde un centro de ensino público; por este último tamén están nomeados aos Primeiros Premios da Industria Musical de Galicia que se fallarán no día 27 de novembro.

Con vídeos virais de apoio de referentes culturais como Viggo Mortensen, Amaia Romero, James Rhodes, Tamar Novas, Tanxugueiras ou Óliver Laxe, conseguiron que o galego entre en novos espazos de prestixio para a mocidade.