Antón Gómez-Reino, el montañero que quiere una chalana

Mariluz Ferreiro REDACCIÓN / LA VOZ

ELECCIONES 2016

César Quián

Hombre de cimas, puede que compre una barca. Su hija es española y belga, y él cree en la UE, pero con más derechos

14 jun 2016 . Actualizado a las 16:04 h.

Omnia sunt communia! Todo es común. De todos. Es la frase elegida por Antón Gómez-Reino (Madrid, 1980). «É un lema da revolta dos anabaptistas, en Turinxia. Foi unha revolta popular contra os tributos e como obrigaban aos labregos a ir á guerra. Está relacionada co nacemento da imprenta, coa que se puideron difundir novas formas de ver o mundo. Ten que ver co momento actual», explica el candidato de En Marea al Congreso por A Coruña.

«Si, de neno era un pouco rebelde», dice. Vivía en el centro de la ciudad. Pero en otra Coruña, «menos definida». La pandilla podía tener una cabaña en el descampado de una antigua fábrica de gaseosas. «Si, tiven unha adolescencia intensa». Movilizaciones. Politización. «Pero desde fóra do mundo do partido, de xeito natural», apunta. También discotecas, calle, estadio... «Empecei a ir a Riazor aos catro anos, co meu avó. Era outro fútbol. Popular, fermoso. A xente levaba empanada. O último partido ao que fun foi o Dépor-Madrid. Todo é máis frío, está mercantilizado», relata.

Pasó por Inditex, por el Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite y por el sector periodístico. «Quedo cos amigos que fixen, xente diferente, tamén no ideolóxico», dice. Afirma que su recorrido laboral le ayuda a tener «unha visión panorámica ampla, aínda que non tan profunda en certos elementos, pero imprescindible para querer mellorar a vida da xente». ¿Lo más duro? «O traballo de mozo de almacén en Inditex. Había xente con xornadas de moitas horas e cun esforzo moi forte. Estiven de baixa porque me cortei un dedo».

Admite que la maquinaria del Congreso crea cierta burbuja. «Con toda a súa maquinaria, a tendencia é alonxarte do mundo real. Hai que manter vínculos coa rúa», asegura. Y estar atento «para que non cha xoguen». Destaca la buena relación con el personal y la postura de diputados de otros partidos. «O trato foi educado, pero estamos na súa casa. Somos intrusos... », comenta.

Mientras, busca otras metas. La montaña. En la anterior campaña dijo que tenía que llevar a su hija. Cumplido. «A nena ten trece meses e xa foi. Os primeiros pasos dounos o outro día nun sitio de campo e montaña. Esperamos contaxiarlle o amor por os espazos que dan tanta liberdade», dice.

Su pareja es medio belga, medio italiana. «Miña filla naceu en Italia. Ten a nacionalidade belga e española», añade. ¿Cómo ve la UE desde esa perspectiva? «A pequena non ten ningún problema para moverse por Europa. A parella da miña irmá é de Guinea- Conakri e para xestionar calquera cousa é un auténtico inferno. A posición que ocupamos no mundo é un privilexio. Somos Europa, pero o sur. Hai que profundizar nunha Europa dos dereitos, meterlle o dente, non facer discursos alleos».

Cree entender el cansancio del ciudadano, pero apela al «momento histórico». Poco tiempo le queda para releer La cena, de Herman Koch, y A nuestros amigos, un tratado activista del Comité Invisible. También está enganchado a la serie de Escobar y a Borgen. Y últimamente este montañero mira al mar: «Ando desde hai un tempo pensando en coller unha chalana, sen motor nin nada».

«A vida sen Internet no teléfono sería unha marabilla»

-Venda Galicia a quen non a coñeza.

-Fronte a todos os tópicos é, sen dúbida, o lugar que está á vangarda do cambio.

-¿Que é o mellor e o peor da política?

-O mellor, a capacidade de transformar a vida das persoas, de xente que coñecemos e que non coñecemos. O peor, o que nos atopamos dentro das institucións neste momento e ver que están deseñadas para xente que non ten vida familiar ou que ten outra forma de entendela.

-¿A declaración da renda saíulle a pagar ou a devolver?

-A devolver.

-Un personaxe histórico.

-Os personaxes colectivos que fan transformacións: a Revolución francesa, Nunca Máis o 15M...

-Unha película.

-En tempos de mafia, O padriño.

-Un libro.

-De John Berger, a triloxía Das súas fatigas. Porca terra.

-Unha canción.

-No hay tanto pan, de Silvia Pérez Cruz e Bella Ciao.

-Unha virtude e un defecto.

-A virtude é tomar as cousas con paixón. Un defecto, deixar as cousas para o último momento.

-Un pracer culpable.

-Non hai praceres culpables.

-Un medo confesable.

-Á brevidade da vida.

-A última vez que se emocionou.

-De forma negativa, no último pleno do Congreso coa non aprobación da comisión de investigación do Alvia.

-A vida sen Internet sería...

-Sen Internet no teléfono sería unha marabilla. Pero non ter Internet na casa sería un atraso, non poderiamos coñecer cousas importantes, coma o que sucede cos refuxiados.

-Nunha palabra: Rajoy.

-Pasado.

-Pedro Sánchez.

-Incapacidade.

-Pablo Iglesias.

-Futuro e solvencia.

-Albert Rivera.

-Máis do mesmo.

-Gustaríalle que o recordaran como...

-Alguén que, vendo o tecido social, atravesa durante un tempo o espazo da política instituicional e que pretende despois volver ao mesmo sitio onde estaba.

la frase