Olalla Rodil: «O resultado do BNG é histórico en Lugo»

La Voz LUGO

ELECCIONES 2020

Olalla Rodil califica o resultado de «histórico»
Olalla Rodil califica o resultado de «histórico» ALBERTO LÓPEZ

A cabeza de lista dos nacionalistas na provincia considera que o resultado obtido é «mellor do agardado»

12 jul 2020 . Actualizado a las 22:55 h.

Aínda cos resultados na man que daban por feito o adianto do BNG ao PSdeG na provincia de Lugo, a cabeza de lista dos nacionalistas, Olalla Rodil, manifestábase aínda contida. «Estou dixerindo os resultados. En Lugo é histórico, pero é o resultado dun esforzo moi grande feito nos últimos anos», sinalou.

Rodil afirmou que os nacionalistas esperaban mellorar as porcentaxes de voto obtidas nas anteriores autonómicas, pero non agradaban semellante respaldo. «O resultado é mellor do que agradabamos», afirmou despois de confesar que durante toda a xornada electoral se esforzou por manterse prudente, á espera de que puidera haber cambios bruscos. 

Para a cabeza de lista dos nacionalistas na provincia de Lugo, hai dúas lecturas dos resultados, unha positiva e outra negativa. Por un lado, asegura que o respaldo dalles «moita forza para traballar porque hai unha maioría de esquerdas no país» e sinte que «é unha responsabilidade moi grande». Por outra banda, Olalla asegurou que non podían estar «completamente satisfeitos» polo feito de que Núñez Feijoo encadeara a súa cuarta maioría absoluta.