Antón Gómez-Reino: «Somos a clave para que a próxima Xunta faga políticas de esquerda»

O candidato á Xunta por Galicia en Común e aínda deputado en Madrid di que renunciaría a un cargo en favor do cambio

O selfi do candidato: Gómez-Reino, facendo a foto coa xente que o acompaña estas semanas.
O selfi do candidato: Gómez-Reino, facendo a foto coa xente que o acompaña estas semanas.

REDACCIÓN / LA VOZ

Conta Antón Gómez-Reino (A Coruña, 1980) que para un tipo coma el, acostumado a estar na rúa desde rapaz, permanecer dous meses confinado foi un auténtico exercicio de resistencia. «Se hai tempo me din que teño que estar dous meses na casa, e en solitario, como estiven as primeiras semanas, tería pensado que me ía gustar, pero non me gustou en absoluto». O peor, confesa, foi estar lonxe da súa familia, e sobre todo da súa nova filla, nada na Arxentina, e á que coñecerá en persoa na segunda quincena deste mes. Para entón, Gómez-Reino xa debería ter deixado o Congreso en Madrid (aínda é deputado) para ser parlamentario en Santiago, tal e como se comprometera. Pero antes aínda hai que pasar o día 12.

—Vostede é o máis explícito nesta campaña falando da coalición co BNG e o PSdeG para entrar na Xunta. Iso non lle prexudica electoralmente?

—É o que nos pide o conxunto da cidadanía do país desde hai meses, e tamén o que me din na rúa. Hai unha demanda clarísima da cidadanía progresista para dar sinais claros de que temos colaboración, que hai sintonía e contacto, e que contamos con demandas e propostas comúns para gobernar neste país. A clave será que a xente de esquerdas vaia votar, e sería magnífico que o resto o dixesen de forma explícita, porque xa se está vendo en debates.

—Daquela, se é tan segura esa alianza por que van votarlle a vostede e non ás dúas forzas con máis posibilidades, e así concentrar o voto de progreso?

—A xente sabe perfectamente que a clave para que o próximo Goberno da Xunta faga políticas de esquerda, avanzadas e comprometidas, pasa por que Galicia en Común teña unha posición forte nese Goberno.

—Quere dicir logo que o PSdeG e o BNG non fan esas políticas de esquerda e avanzadas?

—Creo que cada un pode pór enriba da mesa o seu currículo. Nós somos unha forza de goberno que é responsable de tomar as políticas máis avanzadas no Consello de Ministros, tales como a suba do salario mínimo, os ERTE ou a derrogación dun punto clave da reforma laboral. A presenza de Yolanda Díaz no Goberno do Estado é fundamental para demostrar que Galicia en Común permite facer política para as maiorías sociais.

—Yolanda Díaz non se presenta nestes comicios, pero tiran dela coma se fose así...

—Para nós, ter a ministra máis destacada, ou unha delas, deste Goberno, e que sexa galega e do noso espazo, é evidente que é un valor que non imos esconder.

—Renunciaría a un cargo se é imprescindible un Goberno alternativo?

—Si, non imos pelexar por cargos de responsabilidade. Será un Goberno equilibrado, pero a cidadanía non entendería friccións por responsabilidades de goberno.

—Hai un cambio con respecto aos comicios suspendidos de abril: unha nova forza nacida da antiga En Marea, Marea Galeguista. Teme a dispersión do voto?

—Hai tres forzas no eixe da esquerda nestas eleccións: os compañeiros do PSdeG, unha forza progresista; os compañeiros do BNG, unha forza nacionalista; e nós, que somos unha forza de esquerda e que recupera a soberanía para a cidadanía.

—Falou con xente da Marea Galeguista para que non se presentaran?

—Non, non, para nada. A democracia é rica, e cadaquén pode facer o que desexe.

—Haberá confusión de marcas?

—A cidadanía galega ten demostrado no pasado unha clarísima capacidade de discernir. A xente sabe que o noso espazo político é chave, e que desde o nacemento de AGE ten modificado o mapa político en Galicia.

;
Encuentro con Antón Gómez-Reino Los suscriptores de La Voz preguntan al candidato de Galicia en Común a la presidencia de la Xunta

«Recuperar o imposto de sucesións ou subir o de patrimonio? Son temas moi sensibles neste país»

—Cal sería unha liña vermella para Galicia en Común a partir do día 13 cos seus posibles socios?

—Non é momento desas liñas. O que quere a cidadanía son acordos entre políticas progresistas e alternativas ás privatizacións e aos recortes. Si hai un elemento fundamental: que o vindeiro Goberno da Xunta tome en serio a intervención pública en sectores industriais.

—Fala de Alcoa.

—Falo en xeral, despois de que o señor Feijoo nos fixese perder 20.000 postos de traballo no sector industrial e de que todos os países serios falen de relocalizar e repensar a política industrial.

—E se un dos partidos non é partidario de nacionalizar Alcoa? Tampouco sei se ten calculado canto custaría facelo.

—Insisto, eu non falo de liñas vermellas. O que temos que ter claro é que hai que salvar postos de traballo. O custo? Cando falamos de intervención falamos de diferentes medidas.

—Sigamos falando de cartos. A súa formación propón educación gratuíta universal entre os 0 e os 3 anos, universidade tamén gratuíta, ampliación de contratos na sanidade, máis fondos para investigación... Como se paga todo iso nun contexto de crise?

—Entidades como o FMI están dicindo que hai que saír da crise pola vía do gasto público, que se teñen que mobilizar eses fondos. A próxima Xunta ten que saber dirixir o país cara ás mesmas decisións de recuperación que se tomen en Europa. E hai un consenso total en que quen máis ten, ou quen ten moito ou moitísimo, ten que achegar máis.

—Entón, que faría co imposto de sucesións, agora bonificado practicamente ao 100 %?

—Ese é un tema especialmente sensible no noso país, e creo que habería que sentar para ver o marco fiscal xeral. Pero creo que o fundamental é que teñamos máis capacidade de deseñar políticas fiscais, que de entrada pasan por revisar o financiamento autonómico.

—Mais antes de negociar con Madrid hai impostos propios que están na man da Xunta. Que faría co tramo autonómico do IRPF? E co de patrimonio?

—O problema que temos, por riba de determinados impostos, é a falta de progresividade. Non é momento de gravar ás clases medias ou populares, senón aos que máis teñen.

—Logo incrementará o imposto de patrimonio...

—É un tema especialmente sensible no noso país. Habería que falalo co resto das forzas progresistas.

Alberto Garzón anima a «romper las estructuras mentales» y colocar a Galicia en Común en la Xunta

Susana Luaña


El ministro de Consumo ofreció un mitin en Vigo unas horas antes de que lo haga Pablo Iglesias en A Coruña

 

Gómez-Reino sigue acaparando apoyos del Gobierno central a favor de su candidatura. En los últimos días desembarcaron en Galicia Juan Carlos Monedero, el vicepresidente Pablo Iglesias y la ministra de Trabajo, Yolanda Díaz. En la recta final de la campaña, hoy Galicia en Común hace doblete: el ministro de Consumo, Alberto Garzón, por la mañana en Vigo, y otra vez Pablo Iglesias por la tarde en A Coruña.

El mitin en el hotel Coia de Vigo lo abrió la número dos por Pontevedra, Iria Figueroa, quien acusó al PP de Galicia de manipular los medios de comunicación y de informar sobre el rebrote de coronavirus en A Mariña «seguindo criterios electorais».

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
8 votos
Comentarios

Antón Gómez-Reino: «Somos a clave para que a próxima Xunta faga políticas de esquerda»