Feijoo, en los encuentros de La Voz: «Estou a favor de intervir Alcoa con capital público»

Juan María Capeáns Garrido
Juan Capeáns REDACCIÓN

ELECCIONES 2020

La Voz

O candidato do PP defende o traballo que está a facer o Sergas en A Mariña, di que o Goberno central é o único responsable da situación de Alcoa, asegura que o PP acolle distintas sensiblidades e avanza que este mes estará o protocolo para volver ás aulas

07 jul 2020 . Actualizado a las 12:35 h.

Os subscritores de La Voz de Galicia participaron nun encontro dixital con candidato de PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, ao que puideron expor as súas preguntas. Esta é a conversa co líder popular: 

Jesús Pernas Rey, Viveiro. Vai suspender as eleccións nos concellos da Mariña lucense ou mesmo en toda Galicia polo rebrote do covid-19?

Cos datos que temos sería unha irresponsabilidade suspender unhas eleccións. Galicia, en relación co número de infectados, ten a metade que a media do Estado. En A Mariña estamos facendo test, máis de 2.000, e nas residencias todos foron negativos, polo que a poboación vulnerable está a salvo. A media de idade das persoas infectadas alí é de 35 anos, e a idade que máis se repite é 25. Temos catro o cinco persoas hospitalizadas. Non hai garantías de que no futuro non teñamos máis brotes, porque canto máis se mova máis probabilidades haberá. Non o podemos evitar. O 97 % dos galegos non están infectados, pero se collemos rápido os brotes podemos garantizar a saúde. O que temos que ser é resposnables coas conductas individuais, co uso da máscara, coa distancia física, e ter moito ollo cos bares. Non sería responsable cos datos que temos porque a lexislatura vence en setembro, e o que din os epidemiólogos é que, segundo avance o verán, imos ter máis rebrotes, non che conto no outono, coa baixada de temperaturas e a gripe. Se non hai vacina, os brotes serán inevitables.

Rafael. Quisiera mencionar el problema de los okupas y las pocas soluciones que ofrecen las leyes. ¿Ha pensado en alguna alternativa que emane de la Xunta para poner fin a esta situación de manera real e inmediata?

Hay un derecho constitucional a la propiedad y los okupas no pueden estar amparados por ningún tipo de laguna legal, y problamente tenemos que legislar con más claridad y establecer juicios sumarísimos y órdenes de recuperación de la propiedad y que los jueces tengan refrendo legal para estas decisiones. El Código Penal no es competencia de la comunidad autónoma y poco podemos hacer, pero los okupas no tienen derecho a permanecer una hora en propiedad ajena. En segundo lugar, las fuerzas de seguridad del Estado tienen que ayudar a mantener sus derechos constitucionales. Y en tercer lugar, debería haber un artículo del Código Penal que habilite a un juez para dictar un auto y expulsar de forma inmediata a un okupa de una propiedad.

Georgina, Lalín. Gustaríame saber si Galicia podería seguir o modelo de rebaixar impostos para atraer empresas e postos de traballo como fixeron Irlanda, Luxemburgo ou Portugal, entre oturos. Non sería un bo modelo?

Rebaixar impostos é atractivo para atraer investimentos. Podemos baixar os impostos que dependen de nós, e os rebaixamos no máximo posible. O 99,9 % das persoas non pagan impostos de herdanzas e ningunha persoa no ámbito rural paga un euro de impostos por transmitir ou vender unha parcela. Ao que se refire probablemente é ao imposto da renda e de sociedades. No da renda, ao 95 % dos galegos rebaixámoslle as tarifas no tramo autonómico, e o de sociedades é unha competencia exclusiva do Estado. O exemplo que pon son Estados con soberanía, pero o fixo Portugal e o fixo ben nesta época de enfriamento da economía. Estaría ben valorar unha rebaixa no imposto de sociedades para atraer investimentos a España. O imos necesitar. En Alemaña hai vacacións fiscais, no Reino Unido tamén, en Portugal vai facer rebaixas do IVE selectivas, aquí lamentablemente din que van subir os impostos. Facemos o que podemos na nosa cesta de impostos, os autonómicos.

Marta Vázquez, Sada. ¿Por qué se hacen hospitales con dinero público y después se privatizan?

No hay un solo hospital hecho con dinero público que se haya privatizado. Yo comprendo la duda porque hay políticos que engañan a la gente, y hay gente que se puede creer que el hospital de Vigo es privado, pero está a nombre del Sergas. Lamento que haya partidos que su objetivo sea engañar a la gente. Es grave que un político mienta, no merece un voto de ningún ciudadano. No hay ningún hospital en Galicia privatizado. En Galicia con el bipartito se subieron los conciertos con entidade privadas un 20 %, nosotros lo hemos rebajado un 5 %. Hemos hecho más hospitales públicos, más sanidad, nunca la comunidad ha invertido tanto en sanidad como ahora. Por tanto, es una información engañosa y mentirosa.

Marta Vázquez, Sada. ¿Por qué se vendieron a Venezuela las cajas de ahorro?

Las cajas quebraron con el PSOE gobernando en Madrid. No las gallegas, todas las de España salvo dos o tres. Las cajas las nacionalizó el Gobierno de Rajoy, las sacó a subasta. Las pudo comprar cualquiera. Se presentó un banco venezolano e hizo la mejor oferta. Pagó más de mil millones al Gobierno. Pero se pudieron presentar otras entidades. Yo no regalé nada, traté de que Galicia se quedase con una entidad financiera con domicilio fiscal, con los servicios centrales en Galicia, con 5.000 empleos. Hemos conseguido que Galicia sea una de las pocas comunidades autónomas con una entidad financiera proveniente de las cajas. Gracias por las preguntas porque me permiten desmontar una gran mentira. Cuando dicen que yo regalé las cajas saben que están mintiendo.

Alejandro, de Santiago. Por que culpa ao Goberno central de non buscar unha solución para Alcoa se Galicia ten transferidas as competencias en materia industrial?

Porque o Goberno central é o culpable exclusivo da situación. Non é un problema industrial, é enerxético. Alcoa leva producindo décadas aluminio. Eu entendinme perfectamente co Goberno de Rodríguez Zapatero e de Rajoy pòrque buscamos unha tarifa eléctrica co prezo do aluminio. O custe eléctrico da produción é do 40 %, máis que nómina do persoal. O resultado é que levan perdendo diñeiro no 2018 e no 2019, e ademais no 2020 baixa a demanda de aluminio. É un problema enerxético, non industrial, polo que o responsable é o Goberno central. A que non lle botan a culpa da situación en Asturias o en Cantabria da situación da industria siderúrxica nunha situación límite? Resulta que en Asturias goberna o PSOE e en Cantabria o Partido Rexionalista co PSOE, e como aquí goberna o PP a culpa é nosa. Cando o Goberno central queira falar dunha poltíica enerxética competitiva solucionamos o problema de Alcoa. Pero tamén estou a favor de que se interveña Alcoa inxectando capital público durante uns anos para ter unha tarifa eléctrica competitiva cos cartos que o Goberno aprobou, 10.000 millóns de euros para entrar no capital de empresas esenciais de xeito transitorio. Alcoa é a única de aluminio primario de España. Non tiven problema con ningún Goberno, pero chegou un que dixo que non vai baixar a tarifa eléctrica. Resultado, Alcoa non pode operar en España.

Pilar, de A Coruña. Los últimos datos de la encuesta de Sondaxe reflejan que el PPdeG pierde ventaja respecto al bloque de la izquierda. ¿Qué peso cree que tiene el rebrote en A Mariña en esta pérdida de posibles votos? ¿Está siendo la Xunta más laxa respecto a las restricciones en el resto de la comunidad por estar inmersos en campaña electoral?

 A última enquisa daba 40 escanos. A media está en 41, con días de 42. A situación é bastante estable. A porcentaxe de voto está no 48 %, é estratosférica. A última enquisa non ten nada que ver co brote porque en Lugo daba un resultado excepcional. O xoves fixen chamamento a sociedade, aos mozos. Comprendo que pode chamar a atención, pero o que queira entrar nunha discoteca sen máscara que non vaia. Estamos apercibindo de peche ás discotecas se autorizan a clientes a ir sen máscara. O responsabilidade é do propietario. En San Xoán houbo ocio nocturno e tivemos dificultades. Hai concellos na Mariña confinados con cero infectados, como Mondoñedo. En Ribadeo, un infectado. Non estamos sendo laxos, somos ambiciosos para protexer a saúde pública. Mañá temos unha reunión co comité clínico, veremos o que temos que seguir facendo. O protocolo de rebrotes está aprobado desde hai semanas, polo que laxitude ningunha, hai concellos de A Mariña que discuten o confinamento porque non teñen infectados.

María Martínez Mella. De los dos mil millones que el Gobierno central otorga a las comunidades para invertir en educación, ¿es cierto que usted solicitó destinarlo a otros fines? De ser así, ¿en qué sería empleado?

Sacamos obras por 54 millóns nos centros públicos propiedade da comunidade autónoma sen recibir un euro. Estamos facendo máis de 60 obras en institutos e centros de primaria. E aínda non recibimos un euro. Están sen repartir eses fondos. A Galicia debería tocarlle o 6 %, pero non chegaremos a 4,5 %. Nós pensamos que a educación concertada tamén existe, e teremos que sentarnos para ver o reparto de fondos. A educación está subvencionada, sentaremos con todos os colexios.

Amalia Fernández. Según os medios de comunicación, durante a pandemia, en Galicia morreron máis de douscentos maiores nas residencias. Como é posible que tendo as ucis medio baleiras sen risco de colapso algún, estes residentes non fosen derivados?

Quen deriva a unha persoa a un hospital, e máis a unha UCI, é un médico. Dos 270 maiores que faleceron, a maioría morreron nos hospitais. Unha parte, cento e pico, morreron na residencia sen acudir ao hospital porque a súa patoloxía facía innecesario un ingreso que non ía solucionar a patoloxía de base que padecía. Faleceron con coronavirus, pero non por coronavirus. Meu pai faleceu nunha residencia, non de coronavirus, anteriormente. Era unha persoa maior, con enfermidades dexenerativas, o médico dixo que non pagaba a pena levala a un hospital porque non ía a superar o traslado nin ía solucionar a patoloxía de base. Tomamos a decisión de que falecera tranquilamente na súa habitación. Cando se pensa que se imos a un hospital imos revivir... non. Dimos altas a doentes de 107 anos, e moitos centenarios, se un doente ten capacidade respiratoria vai ir a unha UCI, pero había doentes cunha situación incompatible coa UCI. Se mire por onde se mire, Galicia e Canarias son as comunidades con menor número de incidencia de España. Según TVE, en residencias morreron 20.000 maiores. Corresponden a Galicia o 6 %, 1.200 maiores, faleceron 272 maiores en Galicia. E engado: dos 25.000 maiores en residencias, hai cero infectados. Levamos tres test masivos a toda a poboación das residencias. Paréceme unha falta de respecto cara os profesionais dicir que non fixeron un bo traballo, o cal non quere dicir que algunha residencia tiveramos máis infectados dos que parecen razoables.

Carmen Castro, de As Pontes. Sobre a política tributaria (IRPF) das rendas de xubilación internacionais dos inmigrantes retornados. Considera que é equitativo, xustificado que os baremos estean bastante máis altos que para as rendas de xubilación nacionais?

Non é equitativo. O lóxico é que unha persona que teña unha pensión pague o mesmo. Aí non temos competencias, é unha cuestión exclusiva da Administración central.

Ramon Collazo Paz. Hace 50 años la mitad sur de Galicia venia a Vigo a trabajar en Citroën o en los astilleros o coger un barco hacia un futuro mejor. Mi generación nos quedamos para darle un futuro a nuestros hijos en nuestra tierra y formarlos. Quisiera preguntarle, ¿qué opciones maneja para que nuestros hijos se queden en su tierra o en vez de un barco tengan que coger un avión ya que no se vislumbra futuro para ellos?

 Es otra de las cuestiones que se ha discutido estos años. El INE establece datos de población que sale y entra en Galicia. Tenemos un saldo positivo en 47.000 personas más. Si cogemos los menores, hasta 32 añs, el saldo sigue siendo positivo en 1.500 o 1.800 jóvenes. Es verdad que hay jóvenes formados que se van, pero en la justa medida. Ahora entra más gente de la que se va, no como antes. ¿Qué podemos hacer? Para los jóvenes hay que crear empresas, sin empresas sin trabajo es imposible retener trabajo. Estamos trayendo a gente con becas y traer a hijos de emigrantes gallegos, tenemos unas 500 becas para hacer másteres en Galicia, o para hacer la FP. Necesitamos tejido productivo, necesitamos invertir en las TIC, buscar empresas de ingeniería aeroespacial, de automoción... en Galicia en los últimos cuatro años es la segunda comunidad en la que más ha bajado el paro. Las afiliaciones aumentaron en 40.000. Pero soy consciente de que tenemos un problema de jóvenes muy bien formados que se van a Madrid y otras capitales porque es allí donde están las consultoras, bancos, empresas del IBEX que necesitan gente muy bien formada y joven. Es un hándicap, sin duda.

Manuel, de Barreiros. Se vostede fora presidente de España cómo afrontaría o tema do Independentismo?

No iba a permitir que nadie incumpliese la Constitución española. Antes de asumir el mando tenemos que jurar la Constitución. Lo que es ilegal no se puede permitir. No pactaría con los independentistas ni haría truques. Pediría al PSOE que me ayude y buscaría un gran acuerdo de los constitucionalistas para manter la unidad de España, modificaría el Código Penal para decirle a los políticos que cumplan la ley, cuando tu objetivo ideológico y vital es incumplir la ley a ese político hay que inhabilitarlo. Flirteos ninguno, hablar con personas que tienen una forma distinta de ver la política, por supuesto. El PSOE jamás en su historia gobernó con independentistas en ayuntamientos, comunidades y diputaciones, hasta que llegaron Zapatero y Sánchez. El PSOE ahora gobierna con cualquiera. El PP no lo hace. Si unimos los votos de PSOE y PP y otros partidos, nos daremos cuenta de que el 92 % de los votos son partidos a favor de la unidad del país. Entre ellos tienen que solucionar el problema del independentismo.

Antonio Maañón. López Las empresas en el litoral, ¿cómo quedan en la próxima Ley?

En el estado de alarma el Gobierno aprueba una Ley con un artículo para no ampliar prórrogas a las empresas. En resumen, empresas gallegas tendrán que abandonar la costa. Hemos presentado una enmienda para pactar una retirada de ese texto. Es la segunda vez que lo intentan, una vez a través de un reglamento, y conseguimos pararlo, y ahora a través de la ley. No conocen el impacto de la cadena mar industria o el peso del marisqueo en Galicia porque acaban de llegar. Hemos de hacerles ver que no se pueden tomar decisiones sin hablar con las comunidades y los afectados. Tenemos que conseguir que esa ley no se apruebe y que la industria siga, y no va a haber un nuevo ministro que tumbe una tradición conservera y de acuicultura desde hace siglos.

Juan Pazos. Como representante dos hostaleiros de Carballo gustaríame saber que medidas de axudas directas teriamos desde a Xunta para os hostaleiros.

Puxemos máis de 50 millóns para distintas medidas, protocolos, o que hai que facer nos restaurantes, medidas a fondo perdido para material funxible, préstamos sen interese con catro anos de carencia e incentivos para que os galegos incrementen o turismo interno. Estas cuestións están a disposición da hostalería. E por suposto para identificar a Galicia como lugar seguro. Estamos nunha situación límite, a hostalería será o sector máis castigado. Precisan una discriminación impositiva, como baixar o IVE ao 4 %.

Julián, de Santiago de Compostela. ¿Que medidas/planes concretos tiene pensado implantar con respecto a la investigación (ignorada en su programa electoral) que permitan poner a nuestra comunidad a la altura de otras como el País Vasco con el plan Ikerbaske? ¿Algún plan de captación y retención de talento mediante programas serios y con futuro?

Hay un programa, Oportunius, y hemos traído a las becas Ramón y Cajal o del CSIS. Todos los proyectos del Carlos III que no han tenido dinero del Gobierno para financiarlos los financiamos todos, son 19. Si usted coge la inversión en I+D+i en los últimos años ha crecido por encima de la media de España. Los institutos tienen un contrato programa para darles seguridad. Hay mil personas que trabajan en centros de investigavión sanitaria cuya nómina paga el Sergas. El País Vasco es la referencia. Hemos mantenido contactos con la Academia de Ciencas de Galicia para intentar mejorar los programas de investigación de la Xunta. No tengo el dato, pero hemos traído a personas que estaban fuera de Espñaa y hay tensiones porque buscan plaza de investigador y de profesor, y esto es difícil. Nuestro modelo debe ser el vasco, y el pacto de la ciencia tendrá que ver con esto. Pero en Galicia se investiga, hay 5.000 investigadores pagados con fondos de la Xunta, no vamos a partir de cero, pero tenemos mucho que hacer en investigación. No hemos avanzado lo suficiente, pero hemos avanzado mucho.

Victora, de Ames. Galicia é a sétima comunidade coas taxas máis altas das Escolas Oficiais de Idiomas, ten pensado baixalas igual que fixo coas de mestrados universitarios ou, polo menos, conxelalas?

Boa pregunta. Os graos universitarios son os máis baixos de España. É o sistema máis accesible, o di o ministro Castells. Os idiomas son un eido importante e competitivo, manexar o inglés é fundamental para investigar e moverse polo mundo. Tomo nota da cuestión.

Juan Manuel González, de Vigo. Por que Galicia non conseguiu ningunha transferencia dende o 2008 mentres Euskadi e Cataluña si as conseguiron?

Para gobernar España precísanse os votos de ERC e PNV. Con Rajoy non houbo transferencias, parou o calendario por cuestións económicas e sociais. Agora que parece que empezabamos unha vía que quedou rachada co covid temos pendentes transferencias que pedimos a Rajoy e Sánchez. Eu non engano a ninguén. O BNG dixo que negociaba a investidura con Sánchez pola competencia da AP9 e segue sen transferir. Como presidente nunca mudei opinión, contra o criterio do PP en Madrid . Nós cremos que a transferencia da AP9 cunha rebaixa das peaxes e sen pagar ampliación e obras é irrenunciable. En materia de costas debe revisarse. Non ten sentido que a costa depende a uns efectos das comunidades e noutras cuestións do Estado. Menos o País Vasco que conseguiu un paquete no último momento, a meirande parte das comunidades non recibiron transferencias. 

María Martínez. Me gustaría saber cómo será la incorporación de la comunidad educativa a las aulas en septiembre ya que no tenemos aún ningún protocolo. ¿Cuando tienen intención de de enviar un protocolo a los centros de cara a preparar el curso 2020/2021?

Esperamos por un protocolo xenérico do Ministerio de Educación porque non ten sentido que haxa 17 formas de incorporarse ao curso en setembro. Di que a distancia debe ser dun metro, dacordo coa OMS, o óptimo sería metro e medio... neso estamos. Estamos falando cos directores e habería que mirar colexio por colexio, aula por aula para dicir o que imos facer. O curso vai empezar con normalidade. É fundamental o que ocorra na clase, pero tamén no recreo, nas cafeterías, en canto a xente moza; e cos rapaces, o que ocorra nos xogos e no contacto fora dos recreos. As aulas van ser seguras, veremos como ordenamos os espazos, os xeles e todo o protocolo. O estamos pechando e este mes de xullo mandaremos as instruccións aos centros.

Pablo Carneiro. Unha pregunta moi fácil, para dar unha relaxada da crise do coronavirus. Coincidindo tamén as eleccións vascas coas galegas, oficialmente sabería dicir como é qué se lle chama a Gasteiz en castelán? E a illa da Toxa?

Gasteiz é Vitoria.E A Toxa, La Toja. A toponimia é A Toxa, pero no País Vasco hai dobre toponimia. En Galicia, non.

Alfonso Romero, de Vigo. ¿Como quedó la situación de los 200 millones que debe el Gobierno por el IVA?

No tenemos respuesta del Gobierno. Dijeron que no nos van a dar el dinero y nos han invitado a ir al juzgado. Estamos preparando el recurso ante los jueces. El moroso más grande de la Xunta es el Gobierno, es así. Se lo debe a más comunidades, pero es lamentable que el IVA recaudado a Galicia se nos niegue porque se lo han gastado.

Javier Iglesias García, de A Coruña. ¿Por qué solo utiliza el gallego en sus apariciones tanto en el Parlamento como en los medios de comunicación? ¿Qué pasa que los gallegos que no hablamos gallego no contamos?

Claro que cuentan, si me hace la pregunta en castellano, contesto en castellano. Soy un gallego bilingüe que no tengo inconveniente en usar los dos idioimas. En el ámbito institucional uso el gallego, es la única lengua que se habla en Galicia. El presidente de la Xunta debe usarla en los ámbitos institucionales para protegerla y ponerla en valor. Sirve de puente con la comunidad lusófona y es un idioma precioso que un presidente debe conocer y usar, sin ir en contra del español ni de la cordialidad lingüística. Me critican por usar castellano los nacioanlistas y también hay gente que opina lo contrario.

Martín Varela, de Lugo. ¿Por qué no redujo el número de diputados como había prometido si tenía los diputados suficientes y en la campaña se comprometió a ello?

Lo he intentado, pero podía meter a Galicia en un lío institucional. Durante la crisis pensé en reducir el número de diputados. No obtuve el más mínimo apoyo. Tenía votos para hacerlo, pero estos partidos necesitan algún socio, con apoyo directo o abstención. No lo tuve, no lo he hecho.

Ana López, de Sada. Cando van a abrir os centros de saúde para atención presencial?

Están abertos, pero hai que pedir cita previa. Salvo que esté equivocado no caso de Sada, o protocolo é que os doentes xa poden acudir ao médico cando o require.

Óscar, de Vigo. Pedirá a Renfe que recupere as frecuencias do Eixe Atlántico? Antes xa eran insuficientes, agora o último tren rápido dende Vigo ata a Coruña sae ás 19.25 da tarde.

Por suposto. O eixo atlántico é a obra que máis vertebrou Galicia, uniu a Galicia de forma definitiva. Se hai demanda o lóxico é que Renfe poña máis frecuencias, xa non hai razón para non facelo.

Ana, de A Estrada. Algúns afirman que vostede non está a gusto coas atitudes que teñen no seu grupo político a nivel nacional e que discrepa con eles ata o punto de non querer mesturarse moito. No caso de que estas diferencias existisen ou aumentaran, ¿pensaría en formar un partido político galeguista que non tivese que rendirlle contas a ninguén de fora de Galicia?

Nun partido tan grande coma o PP de España, que é alternativa a populismo e socialismo, coinciden moitas sensibilidades que non teñen que ser exactas. O PP trata de ser un punto de encontro para 10 millóns e compartimos principios básicos. A política nun futuro estará baseada en grandes partidos para vertebrar a sociedade. O PPdeG é un partido galeguista, o din os estatutos do partido, practico un galeguismo constitucional e un autonomismo constitucional e non me abriron expendente disciplinario no meu partido. O PP ten unha proposta compatible coa unidade de España e ese dobre sentemento de ser españois sendo galegos. O noso partido é galeguiusta, reformista, centrado, de centrodereita, eu síntoime tranquilo co galeguismo de Fernández Albor, en conversas con el coincidiamos en que o PP de Galicia ou é galeguista ou non será. Se a nivel estatal cambia a filosofía cada un tomará a decisión que considere oportuna.