Catro galegos ás portas de Bruxelas

A elección de alcaldes nas municipais deste domingo eclipsa outra votación transcendental: a dos 54 eurodeputados españois que defenderán os intereses nacionais na Eurocámara


Catro galegos que aspiran a entrar ou repetir no Parlamento Europeo comparten preocupación polos partidos ultras. Tres deles repiten como candidatos, e un estréase na carreira. Todos prometen pelexar polos intereses da súa terra, por Galicia.

Francisco Millán Mon (PP): «Me batí el cobre para que Galicia no pierda fondos a partir del 2021»

J. Capeáns 

Francisco Millán Mon (Pontevedra, 1955) aspira a acreditarse por cuarta ocasión en Bruselas, donde ya es uno de los veteranos y más conocidos eurodiputados.

-Valore los últimos años en Bruselas.

-Me quedaré con algo muy simbólico y reciente, que es el mojón jacobeo que se colocó en la entrada del Parlamento Europeo, por donde pasan un millón de personas, junto a un paño del muro de Berlín. Simboliza el peso del Camino en la construcción de Europa.

-¿Cuáles son los próximos retos?

-En la comisión de Pesca seguí de cerca el reglamento de la flota que pesca en el exterior, con mucha presencia gallega, y me batí el cobre en el Parlamento para que no se recortasen los fondos para Galicia para el período 2021-2027. Ahora falta amarrarlo en el Consejo.

-¿Se está tomando en serio Europa el declive demográfico?

-Tengo una cierta decepción en ese enfoque, porque en el marco plurianual no hay contenidos ni criterios que ayuden, pero a nivel nacional hemos conseguido que la distribución de fondos tenga en cuenta esas circunstancias.

-Ha estado activo en varias comisiones que han abordado el «brexit».

-La relación futura con el Reino Unido es lo más importante ahora, si finalmente sale. Sería una mala noticia.

-¿Se siente un superviviente?

-No lo veo así. La veteranía es útil en un Parlamento tan grande. 

Lídia Senra (En Marea): «Defenderei os salarios dignos, a igualdade e o medio ambiente»

J. C.

Lídia Senra (A Pobra do Brollón, 1958) entrou en Bruxelas da man da desaparecida AGE, e agora é o referente europeísta de En Marea. Quere repetir, di, porque queda moito por facer polos traballadores, os labregos e a xente do mar.

-Que lle piden na rúa estes días?

-Os galegos teñen tres grandes preocupacións: a loita pola igualdade e contra a violencia machista, os salarios e as pensións dignas e todo o que ten que ver co medio ambiente e o cambio climático. Son os asuntos que defenderei coa perspectiva das clases populares.

-Algo do que estea máis orgullosa?

-Gustoume levar ao Parlamento a colectivos con reivindicacións, dándolle a voz ás persoas organizadas que tratan de frear desfeitas patrimoniais e ambientais. E tamén fixemos xornadas en Galicia para falar de propostas.

-Podemos levar unha sorpresa o luns coa composición do Parlamento?

-Se fala do auxe da ultradereita, é unha preocupación máis. Está claro que teñen propostas que son contrarias aos dereitos humanos, con concreción práctica nalgún Estado.

-Pésalle que unha das iniciativas súas con máis pegada en Galicia tivera que ver coa seguridade das vacinas?

-Creo que nesa pregunta houbo unha clara manipulación interesada. E penso que si, que houbo moitos temas nos que traballamos ben e que non tiveron eco, pero síntome contenta de telos levado a cabo.

Nicolás G. Casares (PSOE): «O que quero é darlle voz aos problemas da Galicia interior» 

d. sampedro

O seu era a política local, pero Nicolás González Casares (Lalín, 1972) debuta agora no número 9 na lista europea do PSOE.

-De que debería ocuparse o Parlamento Europeo cando inicie a lexislatura?

-Unha das principais ocupacións van ser as perspectivas financeiras 2021-2027, e nós temos que procurar que Galicia estea nas axudas da Política Agraria Común e no fondo de pesca, porque é posible que haxa un recorte polo brexit.

-Que papel quere xogar na Eurocámara?

-Gustaríame ocuparme das cousas importantes para Galicia, o agro e a pesca, e tamén do que ten que ver coa economía sustentable e a transición ecolóxica, que teñen que estar na axenda europea, xunto con algo que nos interesa moitísimo, como é o reto demográfico e o despoboamento, porque se reserva o 5 % do fondo Feder para este fin.

-Hai 30 anos falábase moito de facer un eixe Silleda-Berlín. E agora que? Vai mover os marcos do eixe ata Lalín?

-O que teño claro é que vou levar Lalín por diante, e cando falo de Lalín digo que me gustaría darlle voz aos problemas da Galicia interior, sen descoidar, por suposto, outras cuestións.

-Hai que preocuparse polo peso que poden ter os ultras e os populistas?

-Sen dúbida, porque é probable que entre Vox por España e o PP ten que facer un esforzo e axudar a illar á ultradereita, ten que facer en Europa o que non fixo en España ao pactar en Andalucía.

Ana Miranda: «En Europa hai que actuar contra os partidos que sementan odio» 

d. s.

Ana Miranda (Cuntis, 1971) leva máis de 20 anos vencellada a Bruxelas, e dende o 2012 é eurodeputada por rotación.

-Que é no primeiro que debería traballar agora o Parlamento Europeo?

-No eido social, no establecemento dun salario mínimo europeo, no combate da desigualdade e no emprego para os máis mozos, e tamén na defensa dos valores democráticos e no coidado medio ambiental, que xa non falamos de cambio climático, senón de urxencia climática.

-Que unha exdeputada do PP de Madrid pida o voto para vostede significa que fixo algo mal?

-[Ri]. Co accidente de Angrois o único que fixen foi facer o meu traballo con rigor e con respecto ás vítimas, poñendo a Eurocámara de ponte coa xente. O apoio desa exdeputada do PP que tanto sufriu supón un gran recoñecemento.

-Canto hai que preocuparse polo peso dos ultras, populistas e euroescépticos?

-Moito, porque vimos ataques á inmigración, ás mulleres, ás linguas, a min atacáronme dende a ultradereita por usar o galego. Dende Europa hai que actuar contra os partidos que sementan odio.

-Non hai tanto, o BNG era euroescéptico.

­-Non, nunca estivemos en grupos que sementan o odio, pero si que somos críticos cunha idea única de entender a Europa dos mercados, nós apostamos por unha Europa dos pobos, pero os grupos de extrema dereita cuestionan a propia existencia da Unión.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Catro galegos ás portas de Bruxelas